← Volver atrás

González Rivero, José

Alcume: Cabecilla de Vilamane
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Becerreá
(Lugo)
- 05/10/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Becerreá
- 01/01/1998 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e gandeiro, 27 anos. Solteiro. Veciño de Santa María de Vilamane, Becerreá.

Membro da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Vilamane desde outubro de 1932.

Encarcerado.

Ingresado no depósito de Becerreá o día 27/11/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo, onde o ingresan o 29/04/1937.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 18/01/1938 polo delito de rebelión militar e auxilio á rebelión, na causa 190/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 06/03/1938. Proceso contra varios veciños de Becerreá, Baralla, Cervantes e As Nogais.

Condenaron á pena de morte a: Manuel Fernández Núñez, Luis García Vázquez e Manuel Villares Gómez; tamén condenaron á mesma pena, logo conmutada pola de cadea perpetua a: Claudio Arrojo Suárez, Manuel Fernández López, Jesús-Salvador García Vázquez, José González Rivero, Pedro Gutiérrez Gutiérrez, Nicomedes Lamas Díaz, José-María Maseda Alonso e Abel Valcárcel Puente.

Sentenciaron a cadea perpetua a: Isidoro Bao Poy, David Cercedo Fernández, Bautista Díaz Neira, Ricardo Doval Darriba, Adolfo-Manuel Fernández Díaz, Jesús Fernández Méndez, Camilo García González, Ricardo García Santín, Facundo González Simón, Jesús González Simón, Balbino López González, Emilio Núñez Cabana, Eliseo Rey Seijas, Amadeo Rivero Gómez e Ricardo Vázquez García.

Pena de 12 anos e un día de prisión para: José Arrojo Otero, Constantino Bendoiro Carballo, Ramiro García Rodríguez, Román González Pereira, Canuto Rey Fernández e José Santiso Pereira.

Castigos de seis anos de cadea para: José Fernández López e Manuel Fernández Sánchez de Poy.

As sentenzas de absolución beneficiaron a: Daniel Bao Ferreiro, Lucas Cabana López, Felipe Díaz García, Emilio Fernández Núñez, José-María Freijo López, Nicolás Freijo López, Triburcio-N. Gómez, Nicasio López Sanjurjo e Adolfo Pérez Mendoza.

O auto declarou fuxidos e en rebeldía a: Luis-Antonio Álvarez Pombo, Eduardo Castro Vázquez, Faustino Cela Sanmartino, Herminio Doval Núñez, Ricardo Eirós González, Manuel Fernández Rey, Constantino Pereira, Antonio Ulloa Regueiro, Ricardo Varela Roibás e Casimiro Villares Quintana.

Abel Rodríguez Cabana morreu na cadea antes de que se ditara a sentenza.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Lugo pola de cadea perpetua.

Enviado á cadea das Palmas de Gran Canaria o día 06/03/1939 e da que o enviaron á Prisión Provincial de Sevilla, onde permaneceu do 17/12/1942 ao 09/03/1943 e, logo, na 6ª Agrupación das Colonias Penitenciarias Militarizadas de Dos Hermanas (Sevilla) ata o 07/02/1944, data na que o deixaron en liberdade.

Internado de novo na Prisión Provincial de Lugo o 14/02/1946 e trasladado á Prisión Provincial da Coruña o 15 de marzo dese mesmo ano, saíndo en liberdade o día 28 dese mesmo mes.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.