Nacemento:
Morte:
Mestre, 23 anos. Solteiro. Veciño da Horta, San Xoán de Agüeira, Becerreá. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña). Mestre interino en Neira de Xuxá (Becerreá) en 1922/1933. No ano 1936 era mestre interino en Horta.
Fuxido. Depurado. Executado.
Despois do alzamento faccioso foxe.
Os fascistas depurárono como mestre no mes de setembro de 1936, separárono do servizo e dérono de baixa na escala de mestres en febreiro de 1940.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 767/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 18/01/1938 polo delito de rebelión militar, na causa 190/37, tamén co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra varios veciños de Becerreá, Baralla, Cervantes e As Nogais.
Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Manuel Fernández Núñez, Luis García Vázquez e Manuel Villares Gómez; tamén condenaron á mesma pena, logo conmutada pola de cadea perpetua a: Claudio Arrojo Suárez, Manuel Fernández López, Jesús-Salvador García Vázquez, José González Rivero, Pedro Gutiérrez Gutiérrez, Nicomedes Lamas Díaz, José-María Maseda Alonso e Abel Valcárcel Puente.
Sentenciaron a cadea perpetua a: Isidoro Bao Poy, David Cercedo Fernández, Bautista Díaz Neira, Ricardo Doval Darriba, Adolfo-Manuel Fernández Díaz, Jesús Fernández Méndez, Camilo García González, Ricardo García Santín, Facundo González Simón, Jesús González Simón, Balbino López González, Emilio Núñez Cabana, Eliseo Rey Seijas, Amadeo Rivero Gómez e Ricardo Vázquez García.
Pena de 12 anos e un día de prisión para: José Arrojo Otero, Constantino Bendoiro Carballo, Ramiro García Rodríguez, Román González Pereira, Canuto Rey Fernández e José Santiso Pereira.
Castigos de seis anos de cadea para: José Fernández López e Manuel Fernández Sánchez de Poy.
As sentenzas de absolución beneficiaron a: Daniel Bao Ferreiro, Lucas Cabana López, Felipe Díaz García, Emilio Fernández Núñez, José-María Freijo López, Nicolás Freijo López, Triburcio-N. Gómez, Nicasio López Sanjurjo e Adolfo Pérez Mendoza.
O auto declarou fuxidos e en rebeldía a: Luis-Antonio Álvarez Pombo, Eduardo Castro Vázquez, Faustino Cela Sanmartino, Herminio Doval Núñez, Ricardo Eirós González, Manuel Fernández Rey, Constantino Pereira, Antonio Ulloa Regueiro, Ricardo Varela Roibás e Casimiro Villares Quintana.
Abel Rodríguez Cabana morreu na cadea antes de que se ditara a sentenza.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de rebelión, auxilio á rebelión e roubo na causa 853/37.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 304/39, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 08/07/1939.
No xuízo procesaron a David Roda Herbón, ditaron auto de sobresemento para Casimiro Villares Quintana e declararon fuxido a Antonio Ulloa Regueiro.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 937/39, co resultado de sentenza a prisión segundo resolución do día 26/05/1943.
Neste proceso condenaron a prisión a Casimiro Villares Quintana e ditouse auto de sobresemento definitivo para os irmáns: Alfredo Núñez Vega, Ángel Núñez Vega e Manuel Núñez Vega.
Prendérono os franquistas e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 09/02/1940.
Trasladado ao cárcere de Oviedo o día 25/11/1940.
Xulgado en consello de guerra en Xixón co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono os franquistas en Xixón e soterrárono nunha fosa común.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.