← Volver atrás

Blanco Pascual, Manuel

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Lleida
- 03/08/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Sigüella, Benuza
(León)
- 01/01/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fotógrafo e político, 35 anos. Solteiro. Trasladouse a Galicia para facer o servizo militar na Coruña, onde exerceu de fotógrafo. Viaxou a Cuba e Barcelona. No ano 1927 instalouse no Barco de Valdeorras (Ourense), onde montou un estudo de fotografía.

Na II República militou no grupo trostkista Oposición Comunista de España (OCE), que dirixía Andreu Nin Pérez (Vendrell, Tarragona). Despois da creación do Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM) achegouse ao PCE, sendo secretario do radio comunista do Barco de Valdeorras.

En marzo de 1936 nomeárono concelleiro e primeiro tenente de alcalde do Barco de Valdeorras; ao pouco renunciou o alcalde Eulogio Gavela Vega, substituíndoo Manuel ata primeiros de xuño, cando se nomea alcalde a Abdón Blanco García.

Fuxido. Executado.

Cando se produce o golpe de Estado foxe ao monte.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 116/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Foxe á Cabreira (León) e despois pasou ao Principado de Asturias, onde se mantivo no lado republicano ata a caída da Fronte Norte en outubro de 1937.

Volveu para A Cabreira e formou parte do grupo de fuxidos que dirixen Manuel Girón Bazán, Girón, e Manuel Álvarez Arias, o Bailarín.

O día 06/07/1940 houbo un combate entre forzas regulares e un grupo de fuxidos asturianos en Lomba, Benuza (León). Este grupo estaba, que encabezaban Guillermo Morán García e Mario Morán García, César Ríos Rodríguez e Arcadio Ríos Rodríguez, contactaron en Lomba con membros do grupo de Girón, entre os que se contaba Domingo. Algúns dos asturianos marcharon para reunirse con Girón e outros quedaron a descansar en Lomba.

Un continxente de regulares e falanxistas rodeou a casa de Lomba, onde se agochaba os asturianos Arcadio Ríos Rodríguez e Valentín García Sánchez, Morringa, (Siero, Principado de Asturias) e o veciño da Cabreira Domingo Valle Cañal e o leonés Manuel Blanco Pascual. Iniciado o enfrontamento os dous asturianos puideron fuxir, acompañados de Laura Blanco Rodríguez, dona da casa, e do seu fillo Manuel-Jesús López Blanco. A Domingo Valle prendérono con vida e morreu ao pouco por mor das feridas.

Manuel Blanco, gravemente ferido foi quen de saír do cerco, pero detivérono despois, torturárono e fusilárono no mes de xullo en Sigüella.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Benuza.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.