← Volver atrás

Blanco García, Abdón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado. Sancionado

Nacemento:

O Barco de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 11/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Axente comercial e político, 37 anos. Casado con Francisca Quirós, Paca; tiñan dúas fillas. Veciños do Barco de Valdeorras.

Concelleiro do Barco de Valdeorras durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja. Presidente local de Esquerda Republicana (ER) na II República e alcalde do Barco de Valdeorras desde primeiros de xuño de 1936, na substitución de Manuel Blanco Pascual.

Executado. Sancionado.

Cando se produce o golpe dos militares negouse a fuxir. Participou na organización do Comité de Defensa da República no Barco de Valdeorras, formando unha milicia armada.

Detivérono cando as forzas da Garda Civil toman a localidade o día 21/07/1936.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 116/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas, ás 1630 h, no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.

Incautáronselle case que todos os seus bens nunha investigación posterior sobre a súa dona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha