← Volver atrás

Valle Cañal, Domingo

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

Forna, Encinedo
(León)

Morte:

Lomba, Benuza
(León)
- 30/06/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Irmán de Santiago Valle Cañal, executado.

Morte en enfrontamento.

Mobilizado polo exército sublevado, combateu na fronte de Madrid e en febreiro de 1939 pasouse ao lado republicano e ao remate da guerra volveu á Cabrera.

Uniuse ao grupo de Manuel Girón Bazán, Girón, co que andou preto dun ano despois de unilo á partida, máis numerosa, de Abelardo Macías Fernández, Liebre.

No ano 1937, por mor dunha delación, ao seu irmán Santiago prendérono as forzas represoras, cun grupo de fuxidos asturianos, leváronos a Zamora, xulgáronos en consello de guerra e fusiláronos a todos, a Santiago e a outros dez.

Por mor destes asasinatos e dous anos despois, pola mediación do seu irmán Domingo, a partida de Manuel Girón Bazán, Girón, en represalia, provocou a acción de El Puente, Galende (Zamora), onde pasaron polas armas aos curas Raimundo Alonso Fernández e Tomás Rodríguez Chimeno, ao médico Heliodoro Iglesias, ao secretario do concello Gregorio Cobreros e á moza Josefa Prada Fernández, todos eles fieis ao novo réxime.

O día 30/06/1940 houbo un combate entre forzas regulares e un grupo de fuxidos asturianos en Lomba, Benuza (León). Este grupo estaba, que encabezaban Guillermo Morán García e Mario Morán García, César Ríos Rodríguez e Arcadio Ríos Rodríguez, contactaron en Lomba con membros do grupo de Girón, entre os que se contaba Domingo. Algúns dos asturianos marcharon para reunirse con Girón e outros quedaron a descansar en Lomba.

Un continxente de regulares e falanxistas rodeou a casa de Lomba, onde se agochaba os asturianos Arcadio Ríos Rodríguez e Valentín García Sánchez, Morringa, (Siero, Principado de Asturias); o veciño da Cabrera Domingo Valle Cañal e o leonés Manuel Blanco Pascual. Iniciado o enfrontamento os dous asturianos puideron fuxir, acompañados de Laura Blanco Rodríguez, dona da casa, e do seu fillo Manuel-Jesús López Blanco. A Domingo Valle prendérono con vida e morreu ao pouco por mor das feridas. Manuel Blanco, gravemente ferido foi quen de saír do cerco, pero detivérono despois, torturárono e asasinárono no mes de xullo en Sigüella, Benuza.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.