Nacemento:
Morte:
Militar, 25 anos.
Militante do PCE.
Encarcerado. Morte en enfrontamento.
Durante a guerra civil loitou no exército republicano como cabo do Corpo de Carabineiros e ascendido a sarxento por méritos de guerra. Logo, xa como tenente tamén por méritos de guerra, foi comandante accidental da 4ª Compañía, 3º Batallón, da 152ª Brigada Mixta.
Prendérono as forzas rebeldes.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Guadalaxara polo delito de adhesión á rebelión, na causa 436/40, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 28/02/1940.
Pena de morte conmutada pola comisión de Guadalaxara.
Ingresárono no Destacamento Penal das Minas de Casaio no ano 1943 e publicaron a súa liberdade condicional provisoria sen liberación do desterro no BOE nº 87 do día 27/03/1944.
Fuxiu en maio de 1944 do Barco de Valdeorras (Ourense), onde o desterraran.
Finalmente botouse ao monte, converteuse no líder dos guerrilleiros comunistas e xefe militar da II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG), que dirixía Mario Morán García.
En marzo de 1945, nun intento por evitar a escisión entre comunistas dos que era o líder e os socialistas, accede ao Estado Maior da FG, mostrándose en todo momento partidario da unidade e tentando a reunificación do movemento guerrilleiro en Galicia, unión que tamén defendía Marcelino Fernández Villanueva, Gafas.
Morreu nun avance da Garda Civil sobre os montes de Casaio, que atacaron o campamento onde se estaba a producir o Congreso de Reunificación. Con el morre Arcadio Ríos Rodríguez, que resultara ferido na acción e morreu pouco despois. A morte de Francisco Elvira e de Arcadio Ríos supuxo o desacordo total entre os comunistas e a FG; moitos comunistas abandonárona, entre eles Guillermo Morán García e Evaristo González Pérez, Rocesvinto.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.