← Volver atrás

Álvarez Álvarez, Evangelina

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Colaboracionista

Nacemento:

Odollo, Castrillo de Cabrera
(León)

Morte:

Odollo
- 21/04/1947 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Colaboracionista.

Enlace da guerrilla leonesa e despois confidente da Garda Civil.

Miguel Cuellas Gómez, Artillero, era o responsable de que o seu grupo estivera agochado en Columbrianos, Ponferrada (León), na casa de Catalina Martínez Núñez e en contra das ordes superiores, pois sospeitábase que ese domicilio o controlaban as forzas represoras.

Despois da delación da confidente e antiga enlace Evangelina Álvarez Álvarez ao capitán da 4ª Compañía da 108ª Comandancia da Garda Civil, Felipe Romero Alonso, un numeroso grupo de gardas civís e membros de corpos militares rexistraron a súa casa o día 05/06/1945.

Os guerrilleiros acubilláranse nun falso teito da cociña da casa, duns 50 cm de alto. Unha vez que os represores descubriron o agocho, metralláronos ata a morte, sen que puideran defenderse; morreron os tres fuxidos: Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Robustiano Arias Carujo, Felipe, e Manuel Moreno Casado, Pucherillo. Andaluz.

Á dona da casa, Catalina Martínez Núñez, cribárona a tiros na habitación contigua e ao seu sobriño Pedro García Tirado, responsable de ter construído o agocho e que estaba fóra do domicilio, conducírono e asasinárono ao carón da súa tía.

Aínda que protexida polas forzas do orde desde a súa delación, o día 21/04/1947, presentáronse en Odollo Manuel Girón Bazán, Eduviges Orozco Palacín e Enrique Oviedo Blanco; entraron na súa casa e axustizárona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha