Nacemento:
Morte:
Tiña 23 anos.
Militante do PCE.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Cando se produce o golpe militar loitou na fronte asturiana contra os franquistas na 2ª Compañía de Montaña da Intendencia Militar de Asturias e León desde o 01/02/1937.
Detido e encarcerado polos rebeldes en Astorga (León), de onde foxe o día 29/09/1942 e únese ás partidas da guerrilla.
Miguel Cuellas Gómez, Artillero, era o responsable de que o seu grupo estivera agochado en Columbrianos, na casa de Catalina Martínez Núñez, en contra das ordes superiores, pois sospeitábase que ese domicilio xa o controlaban as forzas represoras.
Xulgado en consello de guerra en León na causa 67/43 e na causa 340/43.
Despois da delación da confidente e antiga enlace Evangelina Álvarez Álvarez ao capitán da 4ª Compañía da 108ª Comandancia da Garda Civil, Felipe Romero Alonso, a casa rexistrárona o día 05/06/1945 un numeroso grupo de gardas civís e membros do Exército.
Os guerrilleiros agochábanse nun falso teito da cociña da casa duns 50 cm de alto; descuberto o agocho, forzas represoras de Astorga e Ponferrada, metralláronos ata a morte, sen que puideran defenderse e morreron os tres fuxidos: Miguel Cuellas Gómez, Artillero; Robustiano Arias Carujo, Felipe, e Manuel Moreno Casado, Pucherillo, Andaluz. Á dona da casa, Catalina Martínez Núñez, cribárona a tiros na habitación contigua e ao seu sobriño, Pedro García Tirado, responsable de ter construído o agocho e que estaba fóra do domicilio, conducírono e matárono ao carón da súa tía.
Como consecuencia da desfeita de Columbrianos, a moitos enlaces e colaboradores descubríronos. Ao día seguinte, o 6 de xuño, caeu Ángel Ovalle Bodelón, de Camponaraia (preto de Ponferrada), un dos colaboradores máis activos. Traballaba en Mineiro Siderúrxica de Ponferrada (MSP), onde o buscaron membros da Garda Civil; fuxiu e alcanzárono no monte Castro, en Columbrianos, onde o remataron de oito tiros de mosquetón e 13 de subfusil.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.