← Volver atrás

Eive Vilar, Evaristo

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

San Vicente de Regoela, Cabanas
(A Coruña)
- 26/11/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Uruguai

Biografía

Político, 32 anos. Casado con María López Ardao, irmán dos tamén fuxidos José, Manuel, Baltasar e Jesús López Ardao, os Zacotos. Irmán de Manuel Eive Vilar, de José Eive Vilar, de Carmen Eive Vilar, de Josefa Eive Vilar e de María Eive Vilar, casada co anarquista Pascual Carballo, e que vivían nos Estados Unidos.

Concelleiro pola Fronte Popular (FP) en Cabanas no momento do golpe de Estado. Membro da Comisión de Ornato e Policía. Tivo enfrontamentos co crego polos gravames ás familias nos enterros, onde os curas se enchían de bos xantares.

Tiña como compañeiros na Corporación de Cabanas de 1936, entre outras persoas, a: Manuel Buhigas Novo, asasinado; José-María Saavedra Sardiña, encarcerado; Juan Pereiro Maceiras, asasinado; Nicolás Sánchez Marín, encarcerado; Juan Eiroa Sánchez, encarcerado, Ramiro Martínez López, encarcerado; Álvaro Puentes Antón (o alcalde), asasinado.

Fuxido. Exiliado.

Botouse aos montes do Eume en 1936. Con el fuxiron o alcalde Álvaro Puentes Antón e o concelleiro Ramiro Martínez López. Tamén fuxiu con el Amador Barcia Fernández, Xicos; tempo andado fuxirían no Santa Teresa.

Procesárono na causa 01/40.

Na primavera de 1944 organizou co seu irmán Manuel Eive Vilar; Ramiro Carbón Fornos, Carbón, o Lagoa; Ramiro Martínez López, Zapateiro, e José Vázquez Mauriz, Patitas, un grupo guerrilleiro no que moitos dos membros eran desertores da Base Naval de Ferrol (A Coruña). Entre eles estaba Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor.

Fuxido ás tres da mañá na evasión do Santa Teresa, na noite do 12 ao 13 de decembro de 1946, con fuxidos do norte de Lugo e da comarca do Eume. Eran persoas do PCE que fuxían ao ver que os aliados xa non ían atacar a Francisco Franco Bahamonde e escapaban sen a autorización da dirección da guerrilla. Despois de mercar o barco por 60.000 pesetas, embarcaron na praia de Abrela, Santa María de Suegos, O Vicedo (Lugo), chegando a Baiona (Nova Aquitania, Francia) o día 20/12/1946. Trasladados ao campo de concentración de Mérignac (Nova Aquitania, Francia).

Entre os fuxidos contábanse: Amador Barcia Fernández, Evaristo Candelas Pérez, Ramón Chaves Albo, Evaristo Eive Vilar, José-Antonio Franco Basanta, Francisco Gómez Núñez, Eusebio González Pedreira, Vicente Lage Fernández, Antonio Molíns Valls, Victoriano Mosquera, Antonio Paleo Saavedra (organizador), Laureano Pérez Rubiños (dono do barco), Evangelina Pigueiras (parella de Molíns Valls), Manuel Piñeiro Antón, José Soto, Manuel Vilar Pazos, Antonio Vilar Pereira, Higinio Vilar Pereira, Domingo Villar Torres e Ramón Vizoso. Tamén ía Dolores Fernández, Lola, compañeira de Evaristo Candelas.

Desde Francia marchou aos Estados Unidos e despois ao Uruguai.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.