Nacemento:
Morte:
Mariño e político. Casou en Pontedeume (A Coruña) en xaneiro de 1931 con María-Manuela Rodríguez Anca. Veciños de Cabanas (A Coruña). En 1934 aprobou os exames para mecánico maquinista da mariña civil co número 1.
Militante do PSOE, participou nos mitins da Fronte Popular (FP) nas eleccións de 1936. Nomeárono concelleiro de Cabanas en febreiro de 1936 pola FP e elixírono 1º tenente de alcalde na corporación que presidiu Álvaro Puentes Antón. Membro da Comisión de Facenda e da Comisión de Cemiterios.
Tiña como compañeiros na Corporación de Cabanas en 1936, entre outras persoas, a: Álvaro Puentes Antón (alcalde), asasinado; José-María Saavedra Sardiña, encarcerado; Juan Pereiro Maceiras, asasinado; Nicolás Sánchez Marín, encarcerado; Juan Eiroa Sánchez, encarcerado; Ramiro Martínez López, encarcerado; Evaristo Eive Vilar, fuxido.
Paseado. Desaparecido.
Prendérono os franquistas despois do Golpe de Estado e internárono na Prisión Provincial da Coruña, de onde o sacaron para darlle o paseo.
Paseárono no Mesón do Vento, sen que chegara a atoparse o seu cadáver.
O xuíz de Pontedeume ábrelle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1943.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.