Nacemento:
Morte:
Albanel e político, 20 anos. Veciño de Santo Estevo de Irís.
Un dos fundadores da Agrupación Local de Unión Republicana (UR) en Cabanas.
Concelleiro de Cabanas pola coalición da Fronte Popular (FP), presentouse como candidato por UR e foi concelleiro pola Fronte Popular (FP) en 1936. Membro da Comisión de Ornato e Policía e da Comisión de Feiras e Mercados.
Tiña como compañeiros na Corporación de Cabanas de 1936, entre outras persoas, a: Álvaro Puentes Antón, alcalde e asasinado; Manuel Buhigas Novo, asasinado; José-María Saavedra Sardiña, encarcerado; Nicolás Sánchez Marín, encarcerado; Juan Eiroa Sánchez, encarcerado; Ramiro Martínez López, encarcerado; Evaristo Eive Vilar, fuxido.
Paseado.
Prendérono os golpistas e, en agosto de 1936, paseárono os falanxistas con Antonio Brage Porta, o Vergueiro.
Segundo a testemuña de Manuel Arnoso Anca, matárono os falanxistas e un deles era o seu propio irmán.
Morte rexistrada en Cabanas a causa de feridas producidas por disparos da forza pública franquista.
Nalgunhas fontes aparece como Juan Pereira Maceiras.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.