← Volver atrás

López Sánchez, José

Alcume: Picado
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 36 anos. Casado. Veciño de Santiago de Celeiro, Viveiro.

Dirixente da CNT na súa localidade e presidente do Sindicato de Pescadores de Santiago de Celeiro, Viveiro.

Fuxido. Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 984/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Os procesados eran veciños de Viveiro.

Neste proceso condenaron á pena de morte a: Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), Manuel Guerreiro Rivera e Ángel Varela Freijeiro; castigos de cadea perpetua para: Ramón Guerreiro González e Modesto Rivera Quintana e ditouse auto de sobresemento provisorio para: Vicente-Secundino Ferro Sánchez. A sentenza declarou fuxidos a: José López Sánchez, Manuel Pérez Bermúdez e Claudio Quelle Cociña.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1020/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

No dito xuízo condenaron á pena de morte (xulgado en varias causas) a Jesús Bellas Cao. Penas de cadea perpetua para: Agustín Casabella Frade, Leopoldo Fernández Ladra, Julián Gómez Salgueiro, Antonio Hermida Alonso, Manuel Lage Vieiro, Alberto Lamelas Fernández, José López Sánchez, Andrés Martínez Pérez e Francisco Prieto Amor. Castigos de 15 anos a: Rafael Casabella Frade, Andrés Cociña Sánchez, Salustiano Fernández Salgueiro, José Fernández Yáñez, Benedicto García Sánchez e Ramón Vilar Fernández. 12 anos e un día de cadea para: Hipólito Barja Barja e Francisco López Álvarez. Sentenzas de absolución a: José Álvarez Vizoso, Manuel González da Rocha, Enrique López Garrido, José Posada Abad, Gumersindo Rego Cajete, Bautista Sánchez García, Antonio Suárez Eijo e Antonio Vieira Canoura. Declararon fuxidos e en rebeldía a: Francisco Gómez Núñez e Cándido Soto Gómez.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 17/05/1939.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concédeselle a prisión atenuada o día 09/07/1941.

Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 214 do día 02/08/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.