← Volver atrás

Casabella Frade, Rafael

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Latoeiro, 24 anos. Solteiro. Veciño de Santiago de Celeiro, Viveiro. Irmán de Agustín Casabella Frade, encarcerado.

Dirixente da CNT.

Encarcerado. Sancionado.

Ingresado no depósito de Viveiro o día 21/08/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1020/36, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Condenaron á pena de morte (xulgado en varias causas) a Jesús Bellas Cao. Penas de cadea perpetua para: Agustín Casabella Frade, Leopoldo Fernández Ladra, Julián Gómez Salgueiro, Antonio Hermida Alonso, Manuel Lage Vieiro, Alberto Lamelas Fernández, José López Sánchez, Andrés Martínez Pérez e Francisco Prieto Amor. Castigos de 15 anos a: Rafael Casabella Frade, Andrés Cociña Sánchez, Salustiano Fernández Salgueiro, José Fernández Yáñez, Benedicto García Sánchez e Ramón Vilar Fernández. 12 anos e un día de cadea para: Hipólito Barja Barja e Francisco López Álvarez. Sentenzas de absolución a: José Álvarez Vizoso, Manuel González da Rocha, Enrique López Garrido, José Posada Abad, Gumersindo Rego Cajete, Bautista Sánchez García, Antonio Suárez Eijo e Antonio Vieira Canoura. Declararon fuxidos e en rebeldía a: Francisco Gómez Núñez e Cándido Soto Gómez.

Multa mancomunada de 200.000 pesetas.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.

Concédeselle a prisión atenuada o día 11/07/1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha