← Volver atrás

Rivera Quintana, Modesto

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mineiro e labrego, 27 anos. Solteiro. Veciño de Viveiro. Irmán de José-María Rivera Quintana, tamén encarcerado.

Fuxido. Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de traizón, na causa 412/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso desenvolto contra varios veciños do Vicedo e Viveiro.

A sentenza ditou auto de sobresemento provisorio para: Arsenio Doval Fernández, José Fanego Calvo e Orencio Martínez Fanego; declarou fuxidos a: Luciano Pérez Riveira e Modesto Rivera Quintana.

Ingresado no depósito de Viveiro o día 28/09/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 984/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 07/12/1936. Os procesados eran veciños de Viveiro.

Neste proceso condenaron á pena de morte a: Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), Manuel Guerreiro Rivera e Ángel Varela Freijeiro; castigos de cadea perpetua para: Ramón Guerreiro González e Modesto Rivera Quintana e ditouse auto de sobresemento provisorio para Vicente-Secundino Ferro Sánchez. A sentenza declarou fuxidos a: José López Sánchez, Manuel Pérez Bermúdez e Claudio Quelle Cociña.

Enviado á Prisión Provincial da Coruña o día 20/03/1937.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, deixárono en liberdade condicional provisoria o día 19/06/1943, que se publicou no BOE nº 204 do 23/07/1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha