Nacemento:
Morte:
Político, 34 anos. Veciño de San Cosme de Nogueirosa, Pontedeume
Presidente da Sociedade Progreso de Labregos de Nogueirosa e tamén da Sociedade Labrega Comarcal do Este da Coruña, que agrupaba 12 entidades de Pontedeume e Miño.
Membro de Esquerda Republicana (ER); co triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936 elixírono concelleiro de Pontedeume e tenente de alcalde. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Fuxido. Procesado.
Cando se produce o golpe dos rebeldes formouse o Comité de Defensa da República de Pontedeume, no que coinciden, entre outras persoas, o alcalde Manuel Seijo López; Celestino Sardiña Navarro, de Esquerda Republicana (ER) e delegado do Goberno Civil; Luis Nodar Castro, concelleiro de Pontedeume polo PSOE; Ramón Ares Bouza, membro da Sociedade Labrega de Boebre e os seus lugares; Ángel García Toribio, rexistrador e presidente de ER, e Juan Ares López, tamén de ER, concelleiro e tenente de alcalde na mesma localidade. Ordenaron a requisa de armas para enfrontarse aos golpistas.
Foi un dos que tentou deter o día 21 de xullo, en San Mamede de Laraxe, Cabanas (A Coruña), o paso das tropas que acudían a tomar Pontedeume desde Ferrol.
Logrou agocharse no seu domicilio durante máis de 11 anos e logo escapou ao monte. Acusárono de ser un dos instigadores da resistencia republicana na súa localidade.
Enlace do grupo de José Vázquez Mauriz, Patitas, e despois de Ramiro Martínez López, Zapateiro. Rendeuse e entregouse á Garda Civil en maio de 1949.
Procesado e absolto, finou en 1964, aos 62 anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.