← Volver atrás

García Toribio, Ángel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

Cáceres
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 17/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Rexistrador da propiedade, 36 anos. Veciño de Pontedeume (A Coruña).

Presidente de Esquerda Republicana (ER) en Pontedeume. Foi compromisario para a elección do presidente da República Manuel Azaña Díaz.

Encarcerado. Paseado.

Cando se produce o golpe dos rebeldes formouse o Comité de Defensa da República de Pontedeume, no que coinciden, entre outras persoas, o alcalde Manuel Seijo López, Celestino Sardiña Navarro, de Esquerda Republicana (ER) e delegado do Goberno Civil, Luis Nodar Castro, concelleiro de Pontedeume polo PSOE, Ramón Ares Bouza, membro da Sociedade Labrega de Boebre e os seus lugares, Ángel García Toribio, rexistrador e presidente de ER, e Juan Ares López, tamén de ER, concelleiro e tenente de alcalde na mesma localidade. Ordenaron a requisa de armas para enfrontarse aos golpistas.

Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública franquistas.

Con outros presos que sacaron do buque prisión Plus Ultra e da Escollera do Arsenal, pasearon o 17 de agosto en grupo, no cemiterio de Canido, estas 15 persoas: Alfonso Abrodes Rey, xornaleiro; Manuel Besteiro Luaces, radiotelegrafista; Cipriano Canosa Caruncho, maquinista naval; Juan García Niebla, mestre; Ángel García Toribio, rexistrador da propiedade; Ángel Monteagudo Carro, militar; Avelino Parrilla Ares, militar; José Pérez Cisneros, carpinteiro; Jaime Quintanilla Martínez, médico; Alfonso Raja Coronado, militar; Ramón Ríos Sordo, maquinista naval; Juan Romalde Prieto, militar; Manuel Serantes Canosa, militar; Ramón-José Souto González, carpinteiro, e Jesús Tenreiro Prim, funcionario.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha