← Volver atrás

Ríos Sordo, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barrio de Canido, Ferrol
- 17/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Maquinista naval e político, 36 anos. Veciño de Mugardos (A Coruña). 3º maquinista naval na Armada, retirado en 1932.

Vencellado á masonería.

Militante de Esquerda Republicana (ER) en 1934, da que sería presidente e na que tiña como tesoureiro a Ángel Roldós Gelpi. Antes militara no Partido Republicano Radical Socialista (PRRS). Nas eleccións de febreiro de 1936 elixírono concelleiro e nomeárono 1º tenente de alcalde de Mugardos, cargo que desenvolvía cando se produce a sublevación militar de xullo.

Tiña como compañeiros na Corporación de Mugardos de 1936, entre outras persoas, a: Juan Prieto Balsa (alcalde), asasinado; Antonio Eytor Canizo, executado; Victoriano Rascado Souto, asasinado; José Díaz Díaz, encarcerado; Agustín Sixto Vázquez, encarcerado; Juan Rey Pena, asasinado.

Encarcerado. Paseado.

En Mugardos o Comité de Defensa da República formárono: Juan Prieto Balsa, Eduardo Sánchez Fraga, José Tenreiro Delgado e Ramón Ríos Sordo, entre outros republicanos.

Prendérono os franquistas.

Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública franquista con outros 14 compañeiros.

Con outros presos que sacaron do buque prisión Plus Ultra e da Escollera do Arsenal de Ferrol, pasearon o 17 de agosto en grupo no cemiterio de Canido, estas 15 persoas: Alfonso Abrodes Rey, xornaleiro; Manuel Besteiro Luaces, radiotelegrafista; Cipriano Canosa Caruncho, maquinista naval; Juan García Niebla, mestre; Ángel García Toribio, rexistrador da propiedade; Ángel Monteagudo Carro, militar; Avelino Parrilla Ares, militar; José Pérez Cisneros, carpinteiro; Jaime Quintanilla Martínez, médico; Alfonso Raja Coronado, militar; Ramón Ríos Sordo, maquinista naval; Juan Romalde Prieto, militar; Manuel Serantes Canosa, militar; Ramón-José Souto González, carpinteiro, e Jesús Tenreiro Prim, funcionario.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha