← Volver atrás

Sixto Vázquez, Agustín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado

Nacemento:

Mugardos
(A Coruña)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Peón e político, 36 anos. Veciño de San Vicente de Meá, Mugardos. Xornaleiro da construción naval

Membro da UXT e afiliado a Agrupación Socialista (AS) de Mugardos.

Co triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións municipais de febreiro de 1936, elixírono concelleiro de Mugardos, cargo que desenvolvía cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Mugardos de 1936 a: Juan Prieto Balsa (alcalde), asasinado; Antonio Eytor Canizo, executado; Ramón Ríos Sordo, asasinado; Victoriano Rascado Souto, asasinado; José Díaz Díaz, encarcerado; Juan Rey Pena, asasinado.

Procesado.

Detido polos franquistas en 1937, ingresárono no transporte lixeiro Contramaestre Casado.

Xulgado en proceso militar en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión na causa 379/37; puxérono en liberdade.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Ramón Díaz Pena, Amada García Rodríguez, Ramón Rodríguez López, Andrés Santos Gómez, Juan-José Teijeiro Leira e Agustín Veiga Hermida; condenas de cadea perpetua para: Antonia Feal Montero, Ángel García Illobre, Baldomero Pereira Otero, José Rivas Fariña e Ramón Villar Fernández; penas de 20 anos de prisión para: Inocencio Pérez Barreiro, Indalecio Rodríguez Roibal e Bernardo Vila Casal; 12 anos e un día para Ricardo Silvar Rodríguez; sentenza de absolución para Joaquín Saavedra López e puxeron en liberdade a Agustín Sixto Vázquez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha