Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, mestre de obras, sindicalista e político, 33 anos. Casou o 22/04/1933 coa súa curmá María Prieto Domenech. Veciños de Mugardos. Emigrado en Cuba entre 1921 e 1930, ano no que o deportaron polas súas actividades comunistas co seu irmán Agustín. Irmán de Agustín Prieto Balsa, executado en Vigo (Pontevedra) no ano 1938.
No ano 1931 participou na creación do Sindicato de Mariñeiros e demais Oficios de Mugardos, vencellado á CNT; elixírono presidente o 25/07/1931. Deixou a CNT e fíxose militante do PCE. Secretario do Radio Comunista de Mugardos, que se creou en marzo de 1936.
Despois das eleccións de febreiro de 1936, en marzo nomearon alcalde de Mugardos a Domingo Picallo Roldós, de Esquerda Republicana (ER); substituíuno Juan Prieto Balsa, do PCE, dentro da mesma coalición da Fronte Popular (FP). Juan Prieto rexentaba o concello cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Mugardos de 1936, entre outras persoas, a: Antonio Eytor Canizo, executado; Ramón Ríos Sordo, asasinado; Victoriano Rascado Souto, asasinado; José Díaz Díaz, encarcerado; Agustín Sixto Vázquez, encarcerado; Juan Rey Pena, asasinado.
Paseado.
En Mugardos o Comité de Defensa da República formárono: Juan Prieto Balsa, Eduardo Sánchez Fraga, José Tenreiro Delgado e Ramón Ríos Sordo, entre outros homes, e ordenaron o ingreso na cadea de persoas das dereitas.
A Prieto Balsa prendérono en Pontedeume as forzas de Artillería o día 23/07/1936. Mugardos caeu nas mans dos sublevado o día 24, sen resistencia.
Morte rexistrada nas veiras do río Ombre a causa de feridas de bala por disparos feitos pola forza pública franquista en aplicación dos bandos de guerra. Asasinado con Manuel Serantes Iglesias e Felipe Tejedor Torio.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.