Nacemento:
Morte:
Funcionario, 34 anos. Casado no ano 1927 en Villafáfila con Leoncia Bernardino Robles (1904-1932), coa que tivo dous fillos: Alejandro e Basilio. Trasladáronse a Pontedeume en 1930. Despois tivo de compañeira a Carmen Varela Bouza, varredora municipal, coa que tivo varios fillos. Semella que a enfermidade e este romance con Carmen levaron de volta a Leoncia a Villafáfila cos seus dous fillos. Veciños da rúa da Igrexa, 4, en Pontedeume desde 1930. Garda municipal de seguridade en Pontedeume con autoridade para levar armas.
Simpatizante de Esquerda Republicana (ER).
Nun incidente nunha noite en Pontedeume cun retornado de Cuba, das dereitas e logo da Falanxe, houbo un disparo do compañeiro de Felipe; como este compañeiro non tiña licenza, Felipe cargou coa responsabilidade do disparo, polo que o procesaron e remataron por sobreser a causa. Esta acción nunca a perdoaron as xentes das dereitas e, posiblemente, supuxeran o motivo da súa execución.
Executado.
Despois do triunfo da sedición foi un dos primeiros arrestados e fusilados en Pontedeume.
Executado en cumprimento dos bandos de guerra en Ombre por forzas de Artillería de Ferrol (A Coruña). Asasinado con Juan Prieto Balsa e Manuel Serantes Iglesias.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.