Nacemento:
Morte:
Médico, 27 anos. Veciño de Mugardos. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Exerceu de médico en Mugardos, de onde era o seu pai, e recoñecíano os seus veciños como o "médico dos pobres".
Republicano de convicción e simpatizante comunista.
Paseado.
En Mugardos o Comité de Defensa da República formárono: Juan Prieto Balsa, Eduardo Sánchez Fraga, José Tenreiro Delgado e Ramón Ríos Sordo, entre outras persoas.
Estivo en contra do asalto ao Pazo do Piñeiro, que se saldou con dúas mortes.
Prendérono os fascistas en Santiago de Compostela (A Coruña) e acusárono de comunista e de poñer unha carga explosiva na ponte do Baño; alguén dixo, ademais, que era espía de Moscova. Trasladárono á cadea de Mugardos e logo ingresárono no Plus Ultra, de onde o sacaron aos 15 días con outras persoas na caixa dunha camioneta para darlle o paseo, acusado de rebelión.
Morte rexistrada a causa de disparos feitos pola forza publica ao tratar de fuxir cando os franquistas (así se xustificaron) os sorprenderan nun intento de sabotaxe.
Segundo fontes oficiais “al verse descubiertos emprendieron veloz huída y fueron muertos”: Antonio Otero Cartelle, Eduardo Sánchez Fraga, Joaquín Seco Franco e José Tenreiro Delgado.
Os cadáveres que apareceron no lugar da Igrexa eran os de: Antonio Fernández Penedo, mecánico; Antonio Otero Cartelle, peón; Eduardo Sánchez Fraga, médico; Joaquín Seco Franco, electricista, e José Tenreiro Delgado, funcionario.
O seu cadáver apareceu na Igrexa, Piñeiro.
Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Mugardos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.