← Volver atrás

Díaz Díaz, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

San Vicente de Meá, Mugardos
(A Coruña)
- 20/12/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 27/01/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro e político, 33 anos. Veciño de San Vicente de Meá.

Membro da UXT e afiliado da Agrupación Socialista (AS) de Mugardos. Nas eleccións municipais de febreiro de 1936 elixírono concelleiro de Mugardos pola Fronte Popular (FP); desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Mugardos en 1936, entre outras persoas, a: Juan Prieto Balsa (alcalde), asasinado; Antonio Eytor Canizo, executado; Ramón Ríos Sordo, asasinado; Victoriano Rascado Souto, asasinado; Agustín Sixto Vázquez, encarcerado; Juan Rey Pena, asasinado.

Fuxido. Encarcerado.

Despois do golpe militar agochouse na casa da nai ata que o detiveron os facciosos o día 24/09/1937.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) o día 01/12/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 379/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado nas inmediacións do Castelo de San Felipe, en Ferrol.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha