← Volver atrás

Eytor Canizo, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Mugardos
(A Coruña)
- 01/01/1881 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 27/01/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro e político, 55 anos. Casou con Avelina Cudillero. Veciños de Mugardos. Estivo emigrado en Cuba e regresou a Mugardos no ano 1913.

Síndico de Mugardos nas corporacións de 1931 e 1932 polo Partido Republicano Galego (PRG). Concelleiro na corporación de 1936 por Esquerda Republicana (ER), na coalición da Fronte Popular (FP); desenvolvía este cargo cando se produce a sublevación militar.

Tiña como compañeiros na Corporación de Mugardos de 1936, entre outras persoas, a: Juan Prieto Balsa (alcalde), asasinado; Ramón Ríos Sordo, asasinado; Victoriano Rascado Souto, asasinado; José Díaz Díaz, encarcerado; Agustín Sixto Vázquez, encarcerado; Juan Rey Pena, asasinado.

Executado.

Prendérono os franquistas despois do movemento sedicioso e acusárono polos sucesos que ocorreron no Pazo do Piñeiro.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol os días 1, 2 e 3 de decembro de 1937 polo delito de rebelión militar, na causa 379/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado no Castelo de San Felipe, en Ferrol.

En Ferrol desenvolveuse o día 02/12/1937 unha causa xudicial sumarísima contra 49 veciños de Ares e Mugardos. A 24 dos procesados condenáronos á pena de morte (a 16 conmutóuselles a pena e a oito non).

Ao amencer do día 27 de xaneiro de 1938, aínda non abrira o día, no Castelo de San Felipe, dúas descargas do pelotón de fusilamento e catro tiros de gracia do oficial ao mando, asasinaron a: Amada García Rodríguez, de Mugardos; Germán López García, de Redes; Jaime González Pérez, de Ares; Juan-José Teijeiro Leira, de Mugardos; José-María Montero Martínez, de Meá; Ramón Rodríguez López, de Redes; Antonio Eytor Canizo, de Mugardos, e Ángel Roldós Gelpi, tamén de Mugardos.

En abril de 1938 abríronlle un expediente por responsabilidades políticas.

No ano 1940 procesárono tamén no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha