← Volver atrás

García Rodríguez, Amada

Alcume: Amadita
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Denigrada. Executada

Nacemento:

Mugardos
(A Coruña)
- 07/10/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 27/01/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Traballo na casa, 26 anos. Casou o día 06/01/1929 co operario da Maestranza Gabriel Toimil Dopico; tiveron dúas fillas e un fillo: María-Amada (+1930), Amada, nada en 1931, e Gabriel, nado o 31/10/1937. Veciños de Mugardos.

Militante do PCE. Era unha muller dunha actividade política moi acusada en Mugardos. Vencellada á Radio Comunista da súa localidade. Afiliada e vogal do Sindicato Xeral Feminino e, desde primeiros de 1936, no grupo de Mulleres contra a Guerra e o Fascio de Ferrol de ideario comunista. Participou en varios mitins, coincidindo nunha ocasión con Dolores Ibárruri Gómez. Unha muller con moita presenza na actividade pública.

Denigrada. Executada.

Formou no Comité de Defensa da República mugardés e fixo fronte aos rebeldes con, entre outras persoas, Elena Leira Leira.

Tivérona en arresto domiciliario en tres ocasións entre xullo e decembro de 1936, rapáronlle o pelo, sacábana da casa para que carrexase empedrado no peirao de Mugardos.

Detivérona dia 19/04/1937 cando se achaba embarazada e fusilárona os militares franquistas despois de ter ao seu fillo no Hospital da Caridade de Ferrol.

Xulgada en consello de guerra no Castelo de San Felipe, en Ferrol, os días 1 a 3 de decembro de 1937 polo delito de rebelión militar, na causa 379/37 (máis de 1000 folios), na que se procesaron 64 detidos co resultado de sentenza á pena de morte para 24 persoas, oito delas referendadas polo Cuartel Xeral do Xeneralísimo, entre elas a de Amada. O fiscal foi Manuel-María Puga Ramón.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Ramón Díaz Pena, Amada García Rodríguez, Ramón Rodríguez López, Andrés Santos Gómez, Juan-José Teijeiro Leira e Agustín Veiga Hermida; condenas de cadea perpetua para: Antonia Feal Montero, Ángel García Illobre, Baldomero Pereira Otero, José Rivas Fariña e Ramón Villar Fernández; penas de 20 anos de prisión para: Inocencio Pérez Barreiro, Indalecio Rodríguez Roibal e Bernardo Vila Casal; 12 anos e un día para Ricardo Silvar Rodríguez; sentenza de absolución para Joaquín Saavedra López e puxeron en liberdade a Agustín Sixto Vázquez.

Condenada a morte por ter participado na defensa republicana e por considerala unha xefa comunista. O alcalde mugardés Manuel Vázquez Fariña, co que non quixera ter relacións sentimentais, sería unha das testemuñas na súa contra. Con ela condenaron a morte outras 23 persoas; conmutaron 16 destas penas, entre elas a de Elena Leira.

Fusilárona os fascistas no Castelo de San Felipe, en Ferrol.

Ao amencer do día 27 de xaneiro de 1938, ás 07:00 h, aínda non abrira o día no Castelo de San Felipe, dúas descargas do pelotón de fusilamento e catro tiros de gracia do oficial ao mando, remataron coa vida de: Amada García Rodríguez, de Mugardos; Germán López García, de Redes; Jaime González Pérez, de Ares; Juan-José Teijeiro Leira, de Mugardos; José-María Montero Martínez, de Meá; Ramón Rodríguez López, de Redes; Antonio Eytor Canizo, de Mugardos, e Ángel Roldós Gelpi, de Mugardos.

Ás persoas fusiladas soterráronas no cemiterio de San Salvador de Serantes, Ferrol.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.