← Volver atrás

Raja Coronado, Alfonso

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

Cartagena
(Murcia)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barrio de Canido, Ferrol
(A Coruña)
- 17/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 33 anos. Veciño de Ferrol. Mariño da Armada, auxiliar contramestre do acoirazado España.

Algunhas fontes cítano como Alfonso Rajá.

Encarcerado. Paseado.

Cando se produce o golpe de Estado non se une aos sublevados. Co condestable Dionisio Mouriño González e o 2º maquinista Pedro López Amor, fixéronse co España para a República, operación na que morreron o comandante interino do barco Gabriel Antón Rozas e outros tres oficiais. O resto da oficialidade quedou presa no buque. Os leais rendéronse e prendéronos.

Morte nun traslado por mor de disparos da forza pública franquista.

Con outros presos que sacaron do buque prisión Plus Ultra e da Escollera do Arsenal, pasearon o 17 de agosto en grupo, no cemiterio de Canido, a estas 15 persoas: Alfonso Abrodes Rey, xornaleiro; Manuel Besteiro Luaces, radiotelegrafista; Cipriano Canosa Caruncho, maquinista naval; Juan García Niebla, mestre; Ángel García Toribio, rexistrador da propiedade; Ángel Monteagudo Carro, militar; Avelino Parrilla Ares, militar; José Pérez Cisneros, carpinteiro; Jaime Quintanilla Martínez, médico; Alfonso Raja Coronado, militar; Ramón Ríos Sordo, maquinista naval; Juan Romalde Prieto, militar; Manuel Serantes Canosa, militar; Ramón-José Souto González, carpinteiro, e Jesús Tenreiro Prim, funcionario.

A sorte que correron os mariñeiros do España leais á República foi a que segue:

O oficial 3º de artillería Dionisio Mouriño González morreu nos enfrontamentos contra os sublevados o día 21/07/1936.

O día 30/07/1936 pasearon ao 2º maquinista Pedro López Amor, 36 anos.

Na data do 17/08/1936 finaron paseados: o 2º oficial Manuel Serantes Canosa, 39 anos; o 3º maquinista Ángel Monteagudo Carro, 33 anos, e o auxiliar contramestre Alfonso Raja Coronado, 33 anos.

Fusilaron na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol o día 25/08/1936 a: os cabos José Agras Pedreiro, 23 anos, e Santiago García Eiroa, 27 anos, e os mariñeiros Bernardino-José López Fernández, 21 anos, e Mario López Victorero, 21 anos.

En Santa María a Maior do Val, Narón (A Coruña) asasinaron a 32 tripulantes o día 26/12/1936: os cabos Pablo Beascoechea Rebollar, 27 anos; Joaquín Calvo Bellón, 25 anos; Higinio Fajardo Aneiros, 22 anos; Manuel Fernández Arias, 29 anos; Leandro Gregorio Ingelmo, 30 anos; Francisco Pardal Pouso, 23 anos; Eulogio Parga Méndez, 24 anos; Antonio Riande Castro, 29 anos; Óscar-Fernando Roza Ramos, 26 anos, e Nicolás Serantes Pérez, 36 anos.

A mesma sorte correron: os fogueiros Juan Morado Monteagudo, 22 anos; Jesús Vázquez Varela, 26 anos, e Reyes-Antonio Yáñez Pérez, 23 anos; o mestre de mariñeiría Francisco Bellafont Ginart, 31 anos, e o auxiliar 2º de mariñeiría Guillermo Díaz Vales, 36 anos.

Acompañáronos nesta negra xornada: os mariñeiros Gabino Álvarez Carreira, 18 anos; Salvador Aneiros Teijeiro, 19 anos; Eugenio Bedía Méndez, 21 anos; Nicolás Benito Aneiros, 21 anos; Manuel Calvo Arribas, 19 anos; Juan Costa Romero, 20 anos; José Domínguez Rodríguez, 21 anos; Juan Fernández Díaz, 21 anos; José-Vicente Fernández Suárez, 20 anos; Manuel Gallego Fernández, 22 anos; Manuel Gallego Méndez, 22 anos; José Liñeiro Traba, 22 anos; José López Lago, 19 anos; Manuel López Saavedra, 23 anos; Manuel Martínez Inclán, 21 anos; Ángel Méndez García, 27 anos; Evaristo Nogueira Vieites, 19 anos, e Armando Romero Candamio, 20 anos.

Castigaron a cadea perpetua a: os cabos Argimiro Alonso García, 28 anos; Emiliano Barreiro Fuentes, 31 anos; Manuel García Soto, 28 anos; o auxiliar de artillería Francisco Leira Yáñez, 41 anos; os fogueiros Francisco Casteleiro Uria, 24 anos; Juan Oreona Teijeiro, 22 anos, e Antonio Varela Bouza, 32 anos, e os mariñeiros José Gómez Gómez; Antonio Santiago Rodríguez, 19 anos, e José Seijo Pita, 37 anos.

Pena de 20 anos de cadea para o cabo Antonio Gandoy Piñón, 27 anos.

Reclusión de 12 anos e un día para: os mariñeiros Leopoldo Conde García, 21 anos; Manuel Díaz Díaz, 21 anos; Juan Díaz Montero, 20 anos; Amador Domínguez Pan, 21 anos; Fernando González Posada, 19 anos; Ángel Lorenzo Souto, 22 anos; Manuel Maceiras Fornos, 25 anos; José Manteiga Rivas, 20 anos; Ernesto Martínez Rodríguez, 22 anos; José Pérez Rocha, 19 anos; Manuel Pérez Soler, 25 anos; Juan Rico Castiñeira, 22 anos; José Rodal García, 21 anos, e José Vecino Montero, 20 anos.

Condenaron á pena dun ano de cadea ao cabo Ramón Loureiro González, 25 anos.

Para moitos outros membros da dotación descoñécese a sentenza ou ben os absolveron na causa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.