← Volver atrás

Fajardo Aneiros, Higinio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María a Maior do Val, Narón
(A Coruña)
- 26/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 22 anos. Veciño de San Salvador de Serantes, Ferrol. Mariño da Armada, cabo de mariñeiría no acoirazado España.

Executado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de sedición (sucesos que ocorreron no acoirazado España nos días da sublevación dos militares rebeldes) co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono no Val.

A sorte que correron os mariñeiros leais do España foi a que segue:

O oficial 3º de artillería Dionisio Mouriño González morreu nos enfrontamentos contra os sublevados o día 21/07/1936.

O día 30/07/1936 pasearon ao 2º maquinista Pedro López Amor, 36 anos.

Na data do 17/08/1936 finaron paseados: o 2º oficial Manuel Serantes Canosa, 39 anos; o 3º maquinista Ángel Monteagudo Carro, 33 anos, e o auxiliar contramestre Alfonso Raja Coronado, 33 anos.

Fusilados na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol o día 25/08/1936 a: os cabos José Agras Pedreiro, 23 anos, e Santiago García Eiroa, 27 anos, e os mariñeiros Bernardino-José López Fernández, 21 anos, e Mario López Victorero, 21 anos.

No Val asasinaron a 32 tripulantes o día 26/12/1936: os cabos Pablo Beascoechea Rebollar, 27 anos; Joaquín Calvo Bellón, 25 anos; Higinio Fajardo Aneiros, 22 anos; Manuel Fernández Arias, 29 anos; Leandro Gregorio Ingelmo, 30 anos; Francisco Pardal Pouso, 23 anos; Eulogio Parga Méndez, 24 anos; Antonio Riande Castro, 29 anos; Óscar-Fernando Roza Ramos, 26 anos, e Nicolás Serantes Pérez, 36 anos.

A mesma sorte correron: os fogueiros Juan Morado Monteagudo, 22 anos; Jesús Vázquez Varela, 26 anos, e Reyes-Antonio Yáñez Pérez, 23 anos; o mestre de mariñeiría Francisco Bellafont Ginart, 31 anos, e o auxiliar 2º de mariñeiría Guillermo Díaz Vales, 36 anos.

Acompañáronos nesta negra xornada: os mariñeiros Gabino Álvarez Carreira, 18 anos; Salvador Aneiros Teijeiro, 19 anos; Eugenio Bedía Méndez, 21 anos; Nicolás Benito Aneiros, 21 anos; Manuel Calvo Arribas, 19 anos; Juan Costa Romero, 20 anos; José Domínguez Rodríguez, 21 anos; Juan Fernández Díaz, 21 anos; José-Vicente Fernández Suárez, 20 anos; Manuel Gallego Fernández, 22 anos; Manuel Gallego Méndez, 22 anos; José Liñeiro Traba, 22 anos; José López Lago, 19 anos; Manuel López Saavedra, 23 anos; Manuel Martínez Inclán, 21 anos; Ángel Méndez García, 27 anos; Evaristo Nogueira Vieites, 19 anos, e Armando Romero Candamio, 20 anos.

Castigaron a cadea perpetua a: os cabos Argimiro Alonso García, 28 anos; Emiliano Barreiro Fuentes, 31 anos; Manuel García Soto, 28 anos; o auxiliar de artillería Francisco Leira Yáñez, 41 anos; os fogueiros Francisco Casteleiro Uria, 24 anos; Juan Oreona Teijeiro, 22 anos, e Antonio Varela Bouza, 32 anos, e os mariñeiros José Gómez Gómez; Antonio Santiago Rodríguez, 19 anos, e José Seijo Pita, 37 anos.

Pena de 20 anos de cadea para o cabo Antonio Gandoy Piñón, 27 anos.

Reclusión de 12 anos e un día para: os mariñeiros Leopoldo Conde García, 21 anos; Manuel Díaz Díaz, 21 anos; Juan Díaz Montero, 20 anos; Amador Domínguez Pan, 21 anos; Fernando González Posada, 19 anos; Ángel Lorenzo Souto, 22 anos; Manuel Maceiras Fornos, 25 anos; José Manteiga Rivas, 20 anos; Ernesto Martínez Rodríguez, 22 anos; José Pérez Rocha, 19 anos; Manuel Pérez Soler, 25 anos; Juan Rico Castiñeira, 22 anos; José Rodal García, 21 anos, e José Vecino Montero, 20 anos.

Condenaron á pena dun ano de cadea ao cabo Ramón Loureiro González, 25 anos.

Para moitos outros membros da dotación descoñécese a sentenza ou ben os absolveron na causa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.