Nacemento:
Morte:
Militar, 43 anos. Veciño de Ferrol. Mariño da Armada, condestable, oficial 3º de artillería no acoirazado España. O seu pai tamén era militar.
Morto en enfrontamento.
Cando se produce o golpe militar a maioría dos barcos de guerra de Ferrol aliñáronse do lado republicano. Dionisio Mouriño, co 2º maquinista Pedro López Amor e o auxiliar Alfonso Raja Coronado, fixéronse co España para a República, operación na que morre o comandante Gabriel Antón Rozas e outros tres oficiais; o resto da oficialidade quedou presa.
Para a rendición do cruceiro lixeiro Almirante Cervera e do España resultou crucial a morte de Dionisio Mouriño, líder dos mariñeiros do España. Saíra o día 20 de xullo ao fronte de 200 mariñeiros co obxectivo de render aos sublevados que dominaban a Porta do Dique do Arsenal.
Morte rexistrada no Arsenal de Ferrol ao encabezar o enfrontamento contra os sublevados. Morre por un disparo casualmente certeiro do capitán de corveta Guillermo Díaz del Río Pita da Veiga, quen ía á fronte dos rebeldes. Despois da súa morte os mariñeiros leais á República sentíronse sen líderes e deixaron de acometer aos rebeldes e pouco máis tarde a dotación do Almirante Cervera negociou a rendición pola mediación do seu comandante Juan-Sandalio Sánchez Ferragut diante do xefe da Base Naval, o vicealmirante Indalecio Núñez Quijano, acadando un acordo sen represalias que logo non se chegou a cumprir.
A sorte que correron os mariñeiros leais do España foi a que segue:
O oficial 3º de artillería Dionisio Mouriño González morreu nos enfrontamentos contra os sublevados o día 21/07/1936.
O día 30/07/1936 pasearon ao 2º maquinista Pedro López Amor, 36 anos.
Na data do 17/08/1936 finaron paseados: o 2º oficial Manuel Serantes Canosa, 39 anos; o 3º maquinista Ángel Monteagudo Carro, 33 anos, e o auxiliar contramestre Alfonso Raja Coronado, 33 anos.
Fusilaron na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol o día 25/08/1936 a: os cabos José Agras Pedreiro, 23 anos, e Santiago García Eiroa, 27 anos, e os mariñeiros Bernardino-José López Fernández, 21 anos, e Mario López Victorero, 21 anos.
En Santa María a Maior do Val, Narón (A Coruña) asasinaron a 32 tripulantes o día 26/12/1936: os cabos Pablo Beascoechea Rebollar, 27 anos; Joaquín Calvo Bellón, 25 anos; Higinio Fajardo Aneiros, 22 anos; Manuel Fernández Arias, 29 anos; Leandro Gregorio Ingelmo, 30 anos; Francisco Pardal Pouso, 23 anos; Eulogio Parga Méndez, 24 anos; Antonio Riande Castro, 29 anos; Óscar-Fernando Roza Ramos, 26 anos, e Nicolás Serantes Pérez, 36 anos.
A mesma sorte correron: os fogueiros Juan Morado Monteagudo, 22 anos; Jesús Vázquez Varela, 26 anos, e Reyes-Antonio Yáñez Pérez, 23 anos; o mestre de mariñeiría Francisco Bellafont Ginart, 31 anos, e o auxiliar 2º de mariñeiría Guillermo Díaz Vales, 36 anos.
Acompañáronos nesta negra xornada: os mariñeiros Gabino Álvarez Carreira, 18 anos; Salvador Aneiros Teijeiro, 19 anos; Eugenio Bedía Méndez, 21 anos; Nicolás Benito Aneiros, 21 anos; Manuel Calvo Arribas, 19 anos; Juan Costa Romero, 20 anos; José Domínguez Rodríguez, 21 anos; Juan Fernández Díaz, 21 anos; José-Vicente Fernández Suárez, 20 anos; Manuel Gallego Fernández, 22 anos; Manuel Gallego Méndez, 22 anos; José Liñeiro Traba, 22 anos; José López Lago, 19 anos; Manuel López Saavedra, 23 anos; Manuel Martínez Inclán, 21 anos; Ángel Méndez García, 27 anos; Evaristo Nogueira Vieites, 19 anos, e Armando Romero Candamio, 20 anos.
Castigaron a cadea perpetua a: os cabos Argimiro Alonso García, 28 anos; Emiliano Barreiro Fuentes, 31 anos; Manuel García Soto, 28 anos; o auxiliar de artillería Francisco Leira Yáñez, 41 anos; os fogueiros Francisco Casteleiro Uria, 24 anos; Juan Oreona Teijeiro, 22 anos, e Antonio Varela Bouza, 32 anos, e os mariñeiros José Gómez Gómez; Antonio Santiago Rodríguez, 19 anos, e José Seijo Pita, 37 anos.
Pena de 20 anos de cadea para o cabo Antonio Gandoy Piñón, 27 anos.
Reclusión de 12 anos e un día para: os mariñeiros Leopoldo Conde García, 21 anos; Manuel Díaz Díaz, 21 anos; Juan Díaz Montero, 20 anos; Amador Domínguez Pan, 21 anos; Fernando González Posada, 19 anos; Ángel Lorenzo Souto, 22 anos; Manuel Maceiras Fornos, 25 anos; José Manteiga Rivas, 20 anos; Ernesto Martínez Rodríguez, 22 anos; José Pérez Rocha, 19 anos; Manuel Pérez Soler, 25 anos; Juan Rico Castiñeira, 22 anos; José Rodal García, 21 anos, e José Vecino Montero, 20 anos.
Condenaron á pena dun ano de cadea ao cabo Ramón Loureiro González, 25 anos.
Para moitos outros membros da dotación descoñécese a sentenza ou ben os absolveron na causa.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.