← Volver atrás

Antón Rozas, Gabriel

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 21/08/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
- 20/07/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 36 anos. Solteiro. Ingresa en 1917 na Escola Naval Militar. Participou nas campañas de Marrocos en 1922 como alférez de navío. Tenente de navío en setembro de 1926. En maio de 1935 ascendérono a capitán de corveta e nomeárono 2º comandante do acoirazado España, con base en Ferrol. Irmán de Santiago Antón Rozas, capitán de corveta e tamén rebelde.

Golpista. Morte en enfrontamento.

Participou activamente no levantamento militar do 18 de xullo cando era comandante interino do España, ancorado en Ferrol; tentou sufocar a rebelión da mariñeiría leal e que encabezaban o condestable Dionisio Mouriño González, o 2º maquinista Pedro López Amor e o auxiliar Alfonso Raja Coronado.

Morto a tiros e machadazos con outros tres oficiais; o resto da oficialidade quedou presa no barco.

Pola súa acción contra da República obtivo a Medalla Militar individual, a título póstumo, e o nomeamento de capitán de navío honorífico.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha