Nacemento:
Morte:
Militar, 46 anos. Casou en Ferrol o día 31/03/1917 con Josefa Romero Abella. Ingresou na Escola Naval Militar en 1906. Alférez de fragata en 1911. Participou nas campañas da Guerra de Marrocos. Capitán de corveta en xullo de 1927; comandou o buque de transporte lixeiro Almirante Lobo en 1930 e a vella corveta Nautilus en 1931.
Falanxista.
Golpista.
En xullo de 1936 era director da Escola de Mariñeiría da Base Naval de Ferrol. Falanxista desde o primeiro momento e partidario do alzamento militar dos rebeldes; participou na defensa do Arsenal de Ferrol desde a porta do dique fronte as forzas leais á República do acoirazado España e do cruceiro lixeiro Almirante Cervera, que tiñan á súa fronte ao oficial 3º de artillería Dionisio Mouriño González ao que Díaz del Río abateu dun afortunado disparo, desbandándose as forzas leais. Por este mérito pistoleiro recibiu a Medalla Militar individual.
No desenvolvemento da Guerra Civil foi comandante do transporte lixeiro Contramaestre Casado e do Plus Ultra. Nomeárono capitán de fragata en xaneiro de 1937, mandou o canoneiro Dato e sería segundo comandante do Canarias e, logo, comandante do Júpiter e do Císcar. Acadou o grao de capitán de navío en outubro de 1939, contra-almirante en xullo de 1944, vicealmirante en xullo de 1950 e almirante en xuño de 1953.
Pasou á reserva en 1959 cun cargamento de medallas e recoñecementos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.