Nacemento:
Morte:
Industrial, carpinteiro e político, 36 anos. Casado con Mercedes Guizán. Veciños de Fene (A Coruña). Irmán xemelgo de Antonio Souto González, procesado por rebelión militar. Traballou nunha fábrica de baldosas en Santo Estevo de Perlío, Fene.
Formou parte da Sociedade Labrega La Necesaria. Fundador da Agrupación Socialista (AS) de Fene no ano 1932 e da UXT. Na II República elixírono concelleiro de Fene de 1931 a 1936 e exerceu de alcalde en 1936, sendo o último alcalde republicano desta localidade. Candidato a deputado polo PSOE e pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1933, pero non acadou acta. Logo da dimisión do anterior alcalde, José Pita Cortés, tamén do PSOE, que dimitira pola súa avanzada idade e por razóns de saúde, en xuño de 1936 elixírono alcalde de Fene, cargo que desenvolvía cando o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Fene de 1936, entre outras persoas, a: Andrés Iglesias Garrote, asasinado; José Agras Gómez, asasinado; Juan Villa Anca, sancionado; Eduardo Barcia Rodríguez, asasinado; Eugenio Casal Vila, asasinado; José Pita Pita, asasinado.
Paseado.
Cando se produce o golpe do 36 a súa dona, temendo por el, aconsellouno refuxiarse na Coruña, "y porqué me voy a esconder si nunca le hice mal a nadie?".
Despois do golpe dos sublevados detivérono o 1 de agosto na casa do Concello de Fene, xunto con outros membros da corporación, como: Andrés Iglesias Garrote, Juan Sánchez Crespo, Francisco Barcia Rodríguez e Eduardo Barcia Rodríguez, e o secretario municipal Jesús Tenreiro Prim.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol na causa 958/36 polo delito de rebelión.
Ingresado no campo de concentración da Escollera do Arsenal de Ferrol. Na noite do 16 de agosto sacárono da cadea con outros 14 presos, entre eles Jaime Quintanilla Martínez; algúns deles tamén procedían da prisión flotante Plus Ultra. Executados a mans da forza pública franquista nos antigos muros do cemiterio de Canido, na aplicación da Lei de Fugas.
Outra versión mantén que os fusilaron no Castelo de San Felipe, en Ferrol.
Con outros presos que sacaron do buque prisión Plus Ultra e da Escollera do Arsenal, finaron paseadas o 17 de agosto en grupo, no cemiterio de Canido, estas 15 persoas: Alfonso Abrodes Rey, xornaleiro; Manuel Besteiro Luaces, radiotelegrafista; Cipriano Canosa Caruncho, maquinista naval; Juan García Niebla, mestre; Ángel García Toribio, rexistrador da propiedade; Ángel Monteagudo Carro, militar; Avelino Parrilla Ares, militar; José Pérez Cisneros, carpinteiro; Jaime Quintanilla Martínez, médico; Alfonso Raja Coronado, militar; Ramón Ríos Sordo, maquinista naval; Juan Romalde Prieto, militar; Manuel Serantes Canosa, militar; Ramón-José Souto González, carpinteiro, e Jesús Tenreiro Prim, funcionario.
Hoxe en día ten unha praza na súa honra en Fene.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.