Nacemento:
Morte:
Militar e político. Veciño de Fene (A Coruña). Militar retirado.
No ano 1931 era secretario da Sociedade Labrega La Necesaria da UXT. Militante do PSOE e concelleiro na II República, de 1931 a 1936 en Fene; alcalde en 1934. Era 2º tenente de alcalde en 1936 cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Fene de 1936, entre outras persoas, a: Ramón-José Souto González (alcalde), asasinado; José Agras Gómez, asasinado; Juan Villa Anca, sancionado; Eduardo Barcia Rodríguez, asasinado; Eugenio Casal Vila, asasinado; José Pita Pita, asasinado.
Paseado.
Co golpe dos sublevados prendeuno a Garda Civil o día 1 de agosto na casa do Concello de Fene, xunto con outros membros da corporación como Ramón-José Souto González, (alcalde), Juan Sánchez Crespo, Francisco Barcia Rodríguez e Eduardo Barcia Rodríguez, e o secretario municipal Jesús Tenreiro Prim.
Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública franquista.
Fusilado nun paseo no cemiterio de Canido, en Ferrol.
Segundo a versión oficial morreron nun intento de fuga “cuando iban a ser detenidos se dieron velozmente a la fuga”, pero realmente pasearon en Canido o día 18/08/1936 a: Guillermo Cedrón Gómez, comerciante; Antonio Fernández Mourente, mecánico; Manuel González Díaz, empregado; Felipe Hermida González, funcionario; Ramón Hermo Miranda, militar; Andrés Iglesias Garrote, militar; Venancio Pérez Blanco, empregado; Carlos Pérez Fachal, electricista; Mario Rico Cobas, caldeireiro e escritor, e José Rico Torrente, militar.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.