Nacemento:
Morte:
Empregado e político, 23 anos. Veciño da rúa Lugo, 29, en Ferrol. Fora cabo de artillería, expulsado da Armada. Empregado de banca.
Secretario das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) de Ferrol. Representante de Socorro Rojo Internacional (SRI).
Paseado.
Encarcerárono os golpistas despois do golpe militar rebelde no Arsenal de Ferrol.
Sacárono da prisión os da forza pública franquista e fusilárono no cemiterio de Canido; fixérono saír da cadea, con outras 13 persoas, coa desculpa de localizar un alixo de armas preto do castelo de San Felipe. Os informes dos asasinatos certifican que tentaron fuxir, catro deles conseguírono. Aplicáronlles a Lei de Fugas.
Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública.
Segundo a versión oficial morreron nun intento de fuga, pero realmente finaron paseados en Canido o día 18/08/1936: Guillermo Cedrón Gómez, comerciante; Antonio Fernández Mourente, mecánico; Manuel González Díaz, empregado; Felipe Hermida González, funcionario; Ramón Hermo Miranda, militar; Andrés Iglesias Garrote, militar; Venancio Pérez Blanco, empregado; Carlos Pérez Fachal, electricista; Mario Rico Cobas, caldeireiro e escritor, e José Rico Torrente, militar.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.