← Volver atrás

Cedrón Gómez, Guillermo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barrio de Canido, Ferrol
- 18/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Viaxante de comercio, mestre e político, 54 anos. Veciño da rúa Sinforiano López, 115-3º, en Ferrol. Home de negocios na Habana (Cuba), volveu a Galicia no ano 1917 e estableceuse na Coruña.

Militante do PCE, presidiu o radio comunista de Ferrol. Delegado na Federación Comarcal da UXT en Ferrol. Candidato polo PCE nas eleccións de novembro de 1933. Afiliado á Liga Nacional Laica.

Membro das Irmandades da Fala.

Despois da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 prendérono o día 10/10/1934.

Paseado.

Detivérono os fascistas.

Inculpado nunha causa militar en Ferrol co resultado de ser posto a disposición da autoridade gobernativa e mandárono á cadea. Cando o sacaron da cadea con outras catorce persoas coa desculpa de localizar agochos de armas, os represores sinalaron que tentaron a fuga preto de San Felipe; dez foron asasinados.

Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública franquista na aplicación da Lei de Fugas.

Asasinado no cemiterio de Canido.

Segundo a versión oficial morreron nun intento de fuga, pero realmente pasearon en Canido o día 18/08/1936 a: Guillermo Cedrón Gómez, comerciante; Antonio Fernández Mourente, mecánico; Manuel González Díaz, empregado; Felipe Hermida González, funcionario; Ramón Hermo Miranda, militar; Andrés Iglesias Garrote, militar; Venancio Pérez Blanco, empregado; Carlos Pérez Fachal, electricista; Mario Rico Cobas, caldeireiro e escritor, e José Rico Torrente, militar.

Procesado no ano 1940 polo Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha