Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 61 anos. Viúvo desde 1936. Veciño da Graña. Mestre nacional no ano 1895. Mestre en Betanzos (A Coruña). En 1902 fundou a Escola Pública de Caranza, en Ferrol, que dirixiu ata 1914. Despois pasou á Escola de Nenos de San Salvador de Serantes, á de Ferrol Vello e á de Canido. Impulsor do Día da Árbore.
Membro da Institución Libre de Ensinanza e director dunha revista pedagóxica.
Militante do PSOE e da Federación de Traballadores da Ensinanza da UXT (FETE-UXT) en Ferrol. Membro do Ateneo de Ferrol e das Irmandades da Fala.
Colaborador de El Correo Gallego, Pro-Cultura, Estudios Gallegos e Escuela Moderna.
Depurado. Encarcerado. Paseado.
Abríronlle un expediente de depuración como mestre nacional e queimáronlle os seus libros e documentos.
Detido no seu domicilio o día 11/08/1936 e ingresado no Plus Ultra; despois entregárono á forza pública franquista o día 16 de agosto e asasinárono o día 17 con outras 14 persoas.
Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública preto do Castelo de San Felipe.
Con outros presos que sacaron do buque prisión Plus Ultra e da Escollera do Arsenal, pasearon o 17 de agosto en grupo, no cemiterio de Canido, a estas 15 persoas: Alfonso Abrodes Rey, xornaleiro; Manuel Besteiro Luaces, radiotelegrafista; Cipriano Canosa Caruncho, maquinista naval; Juan García Niebla, mestre; Ángel García Toribio, rexistrador da propiedade; Ángel Monteagudo Carro, militar; Avelino Parrilla Ares, militar; José Pérez Cisneros, carpinteiro; Jaime Quintanilla Martínez, médico; Alfonso Raja Coronado, militar; Ramón Ríos Sordo, maquinista naval; Juan Romalde Prieto, militar; Manuel Serantes Canosa, militar; Ramón-José Souto González, carpinteiro, e Jesús Tenreiro Prim, funcionario.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Catabois.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.