← Volver atrás

Doval Lemat, Manuel

Alcume: Coché, o Carniceiro de Cambre
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor. Axustizado

Nacemento:

Cambre
(A Coruña)
- 01/03/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cambre
- 18/04/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xastre e político, 36 anos. Casou con Celia Pernas Ramos; tiveron tres fillos e dúas fillas: Manuel, Celia, José-Luis, María del Carmen e Francisco. Veciños de Eimil, San Salvador de Cecebre, Cambre. Nomeárono axente executivo para a recadación de arbitrios municipais na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja. Tiñan unha taberna e estanco e desenvolvíase como xuíz municipal en Cambre.

Na II República presidiu a Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA) en Cambre, que se constituíra en abril de 1935.

Represor. Axustizado.

Despois do golpe rebelde fíxose falanxista e colaborou coa Garda civil nas labores de “limpeza, pacificación e control”.

Xefe local de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) en 1937. Xefe local do Movimiento en Cambre, destituírono en outubro de 1944; tamén foi xuíz de paz na mesma localidade.

Moi significado na represión franquista en Cambre.

O día 18/04/1946 finou axustizado polo Grupo volante A Mariña de Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello, Luis Seijo Freire; Francisco Rey Balbís, Moncho, e Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, acusado de ser un dos que paseaban na xente.

Nesta acción tamén participaron Amador Domínguez Pan, Jaime PimentelAntonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana; José-María Díaz Pan, Jaime; José Doldán Don, Daniel, e Manuel Díaz Pan, Rogelio. Morto de catro tiros, que lle pegou Moncho, cando Doval tratou de fuxir.

Por mor do seu axustizamento abriuse a causa 205/46.

Paseados en Cambre: Luciano Costa García, 29 anos, concelleiro de Cambre, o día 16/08/1936; Francisco Pérez Matos, 43 anos, de Cambre, o día 16/08/1936; José Pérez Ferreño, 26 anos, concelleiro de Cambre, o día 18/08/1936; Ricardo Penas Martínez, 47 anos, de Cambre, o día 20/08/1936; José-María Longueira, de Cambre, o día 19/09/1936; Félix Martínez, de Cambre, o día 19/09/1936.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.