Nacemento:
Morte:
Tiña 30 anos.
Militante do PCE.
Exiliado. Executado.
Comisario político do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro, do Exército Popular da República. Estivo á fronte da 19ª Brigada Mixta en Madrid e da 48ª Brigada Mixta tamén en Madrid. Acadou o grao de tenente coronel e mereceu a Medalla ao Valor do exército republicano en outubro de 1938.
Rematada a guerra civil exiliouse en Francia e participou na resistencia contra dos alemáns, dirixiu o Batallón de Tarbes a a 26ª Agrupación Guerrilleira do maquis e acadou o grao de tenente xeneral ao participar na liberación.
En outubro de 1944 o PCE enviouno a Galicia para organizar os grupos guerrilleiros, despois de participar na fracasada invasión do Val de Arán.
Manuel Castro Rodríguez, o Galego, presidiu en outubro de 1944 a Reunión de Presedo, Abegondo (A Coruña), á que acudiron: Manuel Ponte Pedreira, Xastre, Negro, Pintor; José Remuiñán Barreiro, Ricardito; Francisco Rey Balbís, Moncho; José-María Urquiola Iglesias, Chema, Pepe, Tino; Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, e outros responsables guerrilleiros. Nesta reunión comentáronlles as consignas da Unión Nacional Española (UNE) e acordouse tamén a constitución do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Logo marchou de Galicia para Madrid ao non acadar o apoio de todos os grupos guerrilleiros, que lle deron o mando a Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer.
O día 20/10/1945 prendérono en Madrid con algúns dos seus homes e o 21/02/1946 fusilárono en Alcalá de Henares con nove antifranquistas máis, entre eles Cristino García Granda (Gozón, Principado de Asturias).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.