← Volver atrás

Díaz, Melchor

Alcume: Pepito, Diego, Pepe o Madrileño
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/1952 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Político. Confundido por certos autores con Ferreirín, que tamén se alcumaba Pepito.

Paseado.

Membro do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG). Foi un dos guerrilleiros que pasou pola casa da Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), que pertencía a Rafael Freire Lamas, pai dos Freire Barcia e gran protector dos fuxidos. Naquel refuxio houbo importantes reunións da guerrilla e chegou a haber máis de 20 guerrilleiros alí agochados.

Despois da morte de catro guerrilleiros o día 19/05/1948 en Loureiro, Santa María de Luou, Teo (A Coruña), na primavera de 1949 tentou reconstruír, sen éxito, a V Agrupación do EGG.

As consignas de José-Ricardo Sevil Sevil eran as de aplicar os acordos do Buró Político do PCE. Para reorganizar o Comité Rexional do PCE en Galicia, nomeou a Melchor Díaz, Pepito, secretario de organización; a Francisco Rey Balbís, Moncho, secretario de axitación e propaganda, e a José Blanco Núñez, Ferreirín, encargado de prensa; delegado do sector de Ferrol foi Francisco Martínez Leira; delegado da Coruña José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista; de Vigo e Pontevedra, o Madrileño e de Lugo e Ourense Valentín Fernández González, Víctor, enviado desde Francia.

As construcións teóricas elaboradas en Francia non tiñan nada que ver coa realidade galega. As consignas eran reducir ao mínimo o número de guerrilleiros, traía cartos para acabar cos golpes económicos, suspender os axustizamentos e adicarse só á autodefensa.

Na reorganización do partido en 1950 nomeárono secretario de organización, cando a situación da guerrilla era crítica e Francisco Rey Balbís, Moncho, controla a agrupación de guerrilleiros. Marchou a Francia con José Sevil en 1951 e logo volveu para reorganizar a guerrilla.

En xullo de 1952 prendérono en Vigo e levárono ao cuartel xeral da Garda Civil, que se atopaba na fronteira entre A Coruña e Pontevedra; torturárono nunha caseta preto do cuartel. Segundo a testemuña de Ramón García, o Almirante, un número da Garda Civil disparoulle o tiro de gracia, pateouno por dúas veces e logo sacouno fóra da caseta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.