← Volver atrás

Castro Villar, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Chanteiro, San Pedro de Cervás, Ares
(A Coruña)
- 24/06/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Xixón
(Principado de Asturias)
- 01/01/1999 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro, mariño mercante e mineiro, 25 anos. Casado con Dolores Mayobre Pena, procesada e inculpada en causa militar en Ferrol (A Coruña). Veciños de Cervás.

Militante da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Ares desde 1933.

Participou na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 polo que o condenaron á cadea. Preso no Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), acadou a liberdade logo do triunfo electoral da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936.

Fuxido. Encarcerado.

Ao estoupar o golpe militar marchou cara Ponferrada (León). Volveu ao seu pobo, onde se ocultou na súa aldea de Cervás, con Benito Feijoo Seguín; José Rebón Martínez, Gelfo, e Antonio Saavedra Montero.

O día 21/07/1939 a unha da mañá foxen no bou Ramón cara Inglaterra, aínda que acabaron en La Pallice (Francia), onde chegaron o día 23 de xullo. Aos 27 fuxidos conducíronos ao campo de concentración de Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). A fuga organizárana os irmáns Miguel Leira Fernández e Antonio Leira Fernández, os Chuchos da Vella.

No bou Ramón fuxiron 27 persoas: Luis Abella Beade; Manuel Barreiro Montero; Cipriano-Antonio Casteleiro Feal, militar; Juan Castro Villar, xornaleiro; Benito Feijoo Seguín, canteiro; Manuel Fernández García; Juan Fraga Rey; José Fuentes Justo; Manuel Fuentes Justo; Manuel Gómez Varela, xornaleiro; Moisés Lago Lorenzo, sindicalista; Marcelino Lara Viñas, mariñeiro; Rogelio Leal López, sindicalista; Juan Leal Tenreiro; Antonio Leira Fernández (organizador); Miguel Leira Fernández (organizador); José Montero Fernández; Jesús Morgade Feal, militar; Basilio Pérez Mayobre, político; Manuel Raposo Peña, militar; José Rebón Martínez, metalúrxico; Juan Rincón Téllez, peón; Juan-José Rodríguez Díaz; Antonio Saavedra Montero, xornaleiro; Antonio Santamaría López, metalúrxico (alcalde de Ferrol); José Sequeiro Ares e Domingo Serantes Sequeiro, obreiro naval.

A tripulación do barco asaltado formábana: José-Antonio Sequeiro Fernández, patrón de costa; José-Ramón Sánchez Amado, maquinista, e os mariñeiros: José-Benito Brage Cartelle, Juan-Antonio Fernández López, Gabriel González Porto, José-María Martínez Martiño, Ramón Rey García, José-María Rodríguez Planas, Francisco Romualdo Martiño e Juan Sánchez Fernández.

Por mor desta fuga procesaron como persoas encubridoras, entre outras, a: Antonia Amado Varela, xornaleira; as irmás Carmen Landeira Maneiro, modista; Felicia Landeira Maneiro, traballo na casa, e Rosa Landeira Maneiro, traballo na casa, e tamén María Pazos Vázquez, traballo na casa; José-María Pérez Mayobre, militar, e Dolores Seijas Montero, xornaleira.

Juan Castro responsabilizouse dos refuxiados na zona de Marsella (Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia). Reclamado desde España por “piratería marítima”, entregárono no ano 1941 (1945?).

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a 17 anos de prisión.

Saíu en liberdade condicional no ano 1946.

En 1948 a Garda Civil asasinou a catro veciños de Ares cando andaban na procura de guerrilleiros na zona, razón pola que Juan decidiu marchar para o Principado de Asturias.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.