← Volver atrás

Leal López, Rogelio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Piñeiros, San Salvador de Pedroso, Narón
(A Coruña)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Piñeiros, Pedroso
- 01/01/1990 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Sindicalista e político, 40 anos. Casou con María-Manuela Blanco Fernández; tiveron unha filla: María. Veciños de Narón.

No ano 1930 era secretario do Sindicato de Mozos de Café en Ferrol (A Coruña), vencellado á CNT. Do Sindicato da Industria Naval de 1933 a 1936. Militante da Federación Anarquista Ibérica (FAI) de 1933 a 1936.

Fuxido. Exiliado. Encarcerado.

Cando se produce o golpe dos sublevados fuxiu e escondeuse.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

O día 21/07/1939 a unha da mañá foxe no bou Ramón cara Inglaterra, aínda que acabaron en La Pallice (Francia), onde chegaron os 27 fuxidos o día 23 de xullo; conducíronos ao campo de concentración de Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). A fuga organizárana os irmáns Miguel Leira Fernández e Antonio Leira Fernández, os Chuchos da Vella.

No bou Ramón fuxiron 27 persoas: Luis Abella Beade; Manuel Barreiro Montero; Cipriano-Antonio Casteleiro Feal, militar; Juan Castro Villar, xornaleiro; Benito Feijoo Seguín, canteiro; Manuel Fernández García; Juan Fraga Rey; José Fuentes Justo; Manuel Fuentes Justo; Manuel Gómez Varela, xornaleiro; Moisés Lago Lorenzo, sindicalista; Marcelino Lara Viñas, mariñeiro; Rogelio Leal López, sindicalista; Juan Leal Tenreiro; Antonio Leira Fernández (organizador); Miguel Leira Fernández, (organizador); José Montero Fernández; Jesús Morgade Feal, militar; Basilio Pérez Mayobre, político; Manuel Raposo Peña, militar; José Rebón Martínez, metalúrxico; Juan Rincón Téllez, peón; Juan-José Rodríguez Díaz; Antonio Saavedra Montero, xornaleiro; Antonio Santamaría López, metalúrxico (alcalde de Ferrol); José Sequeiro Ares e Domingo Serantes Sequeiro, obreiro naval.

A tripulación do barco asaltado integrábana: José-Antonio Sequeiro Fernández, patrón de costa; José-Ramón Sánchez Amado, maquinista, e os mariñeiros: José-Benito Brage Cartelle, Juan-Antonio Fernández López, Gabriel González Porto, José-María Martínez Martiño, Ramón Rey García, José-María Rodríguez Planas, Francisco Romualdo Martiño e Juan Sánchez Fernández.

Por mor desta fuga procesaron como persoas encubridoras, entre outras, a: Antonia Amado Varela, xornaleira; as irmás Carmen Landeira Maneiro, modista; Felicia Landeira Maneiro, traballo na casa, e Rosa Landeira Maneiro, traballo na casa, e tamén María Pazos Vázquez, traballo na casa; José-María Pérez Mayobre, militar, e Dolores Seijas Montero, xornaleira.

Traballou de leñador en Francia cos seus compañeiros de fuga Cipriano-Antonio Casteleiro Feal e Manuel Raposo Peña.

En 1947 volveu a Galicia para traballar na reorganización da FAI e da Federación Ibérica de Xuventudes Libertarias (FIXL) con Antonio González Pérez.

Detido o día 03/01/1948. Xa posto en liberdade condicional prendérono de novo en xuño de 1948 e internárono no penal de Ocaña (Toledo).

O día 01/07/1949 xulgárono en consello de guerra en Madrid polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a 18 anos de prisión.

Pasou varios anos no penal de San Miguel de los Reyes (Valencia).

Deixárono en liberdade condicional no ano 1953.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.