Nacemento:
Morte:
Mecánico e político, 67 anos. Viúvo. Veciño da rúa Taxonera, 16, en Ferrol (A Coruña). Xubilado.
Concelleiro de Ferrol polo PSOE nas corporacións de 1931, 1932, 1935 e 1936; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Francisco, ao que elixiran concelleiro nas corporacións do alcalde Jaime Quintanilla Martínez de 1931 a 1934, tivo entre outros compañeiros a: Edmundo Lorenzo Santiago, exiliado; Federico Pérez Lago, encarcerado; Manuel Morgado González del Valle, executado; Antonio Santamaría López, exiliado; Fermín-Andrés Mejuto Fernández, procesado; Tomás Serantes Liz, exiliado; Hipólito Martínez Vez, procesado; Ventura Dios Lojo, encarcerado; Adolfo Rodríguez Sánchez, encarcerado; Luciano Cereijo Rodríguez, procesado.
Con todos eles coincidiu, tamén como concelleiro, na corporación de 1936, agás con Edmundo Lorenzo, Tomás Serantes e Luciano Cereijo. Si estaba entón José López Bouza, de Esquerda Republicana (ER). A alcaldía por entón correspondíalle a Antonio Santamaría López, cando se produce o golpe militar.
Encarcerado.
Xulgado en consello de guerra no Cuartel de Zapadores, en Ferrol, o día 11/08/1936 polo delito de traizón, na causa 182/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Neste consello militar condenaron á pena de morte a: Fernando Carballo Rodríguez, Manuel Morgado González del Valle, Juan Rincón Téllez e Antonio Santamaría López; castigaron a cadea perpetua a: Ventura Dios Lojo, José López Bouza, Miguel Mendiguchía Real, Federico Pérez Lago, Adolfo Rodríguez Sánchez e Francisco del Río Barros.
No proceso exerceu de fiscal o auditor Hernán Martín-Barbadillo Pául, que pide a pena de morte para todos os procesados.
Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 19/12/1936.
Trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) o 17/03/1939.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.