← Volver atrás

Mendiguchía Real, Miguel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Zurita, Piélagos
(Cantabria)
- 05/08/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 25/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 46 anos. Casado; tiveron seis fillos. Veciños da rúa Canalejas, 79-1º, en Ferrol. Mariño da Armada, capitán retirado da Infantería de Mariña.

Dirixente de Esquerda Republicana (ER) en Ferrol. Cuñado de José López Bouza, presidente da Deputación da Coruña.

Paseado.

Xulgado en consello de guerra no Cuartel de Zapadores, en Ferrol o día 11/08/1936 polo delito de traizón (non secundar o movemento militar), na causa 182/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo sentenza do seguinte día 12.

Neste consello militar condenaron á pena de morte a: Fernando Carballo Rodríguez, Manuel Morgado González del Valle, Juan Rincón Téllez e Antonio Santamaría López; castigaron a cadea perpetua a: Ventura Dios Lojo, José López Bouza, Miguel Mendiguchía Real, Federico Pérez Lago, Adolfo Rodríguez Sánchez e Francisco del Río Barros.

No proceso exerceu de fiscal o auditor Hernán Martín-Barbadillo Pául, que pide a pena de morte para todos os procesados.

O día 14/08/1936 trasladárono do Cuartel do Baluarte á cadea do Partido Xudicial de Ferrol e, o seguinte 28, por orde do Delegado de Orde Pública Victoriano Suanzes Suanzes, fusilárono.

Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública franquista no cemiterio de Canido, en Ferrol.

Soterrárono nunha fosa común e o seu corpo non se recuperou.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha