Nacemento:
Morte:
Médico, editor e político, 43 anos. Casado. Veciños da rúa Espartero, 10-1º, en Ferrol. Encadernador da Sociedad Española de Construcción Naval (SECN).
Membro do comité de folga dos estaleiros en 1920.
Participou na fundación e administrou a revista Céltiga no ano 1922. Director do xornal socialista El Obrero en Ferrol.
Militante da Agrupación Socialista (AS) de Ferrol. Concelleiro de Ferrol nas municipais do 12/04/1931 polo PSOE, nomeárono 6º tenente de alcalde. Candidato a deputado do PSOE pola Coruña nas xerais de 1933 sen obter acta.
Detido e cesado como concelleiro pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e condenado en concello de guerra a 15 anos de reclusión, na causa 310/34; o consello realizouse o día 12/02/1936 no Castelo de San Felipe, catro días antes das eleccións xerais. Neste proceso tamén condenaron a 20 anos a Antonio Santamaría López.
Despois do triunfo da Fronte Popular (FP), en febreiro de 1936, repuxérono no seu cargo de concelleiro ata o golpe de Estado.
Manuel, nas corporacións do alcalde Jaime Quintanilla Martínez, de 1931 a 1934, tivo entre outros compañeiros a: Edmundo Lorenzo Santiago, exiliado; Federico Pérez Lago, encarcerado; Antonio Santamaría López, exiliado; Fermín-Andrés Mejuto Fernández, procesado; Tomás Serantes Liz, exiliado; Hipólito Martínez Vez, procesado; Ventura Dios Lojo, encarcerado; Francisco del Río Barros, encarcerado; Adolfo Rodríguez Sánchez, encarcerado; Luciano Cereijo Rodríguez, procesado.
Con todos eles coincidiu xa como 2º tenente de alcalde na corporación de 1936, agás con Edmundo Lorenzo, Tomás Serantes e Luciano Cereijo. Si estaba entón José López Bouza, de Esquerda Republicana (ER); a alcaldía correspondía por entón a Antonio Santamaría López, cando se produce o golpe militar.
Executado.
Detido polos fascistas en Ferrol o día 21/07/1936.
Xulgado en consello de guerra no Cuartel de Zapadores, en Ferrol, polo delito de traizón o día 11/08/1936, na causa 182/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste consello militar condenaron á pena de morte a: Fernando Carballo Rodríguez, Manuel Morgado González del Valle, Juan Rincón Téllez e Antonio Santamaría López; castigaron a cadea perpetua a: Ventura Dios Lojo, José López Bouza, Miguel Mendiguchía Real, Federico Pérez Lago, Adolfo Rodríguez Sánchez e Francisco del Río Barros.
No proceso exerceu de fiscal o auditor Hernán Martín-Barbadillo Pául, que pide a pena de morte para todos os procesados.
Fusilárono os golpistas na mesma cidade de Ferrol, no Cuartel de Artillería, con Fernando Carballo Rodríguez.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.