Nacemento:
Morte:
Tipógrafo e político, 42 anos. Casado. De mozo empregouse nos estaleiros ferrolás. Traballou en El Correo Gallego e na Imprenta Moliné.
Director de El Obrero, xornal socialista de Ferrol.
Ingresou no PSOE da súa cidade en 1909 e foi un dos líderes socialistas. Elixido concelleiro de Ferrol nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931. Deputado pola Coruña nas eleccións xerais de 1931. Candidato polo PSOE da Coruña nas xerais de 1933 sen obter escano. Novamente elixido deputado pola Coruña nas xerais de febreiro de 1936. Desenvolveu boa parte da súa actividade política en postos gobernamentais en Madrid. Edmundo Lorenzo, nas corporacións das que exerceu de alcalde Jaime Quintanilla Martínez de 1931 a 1934, foi 2º tenente de alcalde.
Tiña como compañeiros nas corporacións de Ferrol de 1931 a 1934, entre outras persoas, a: Federico Pérez Lago, encarcerado; Manuel Morgado González del Valle, executado; Antonio Santamaría López, exiliado; Fermín-Andrés Mejuto Fernández, procesado; Tomás Serantes Liz, exiliado; Hipólito Martínez Vez, procesado; Ventura Dios Lojo, encarcerado; Francisco del Río Barros, encarcerado; Adolfo Rodríguez Sánchez, encarcerado; Luciano Cereijo Rodríguez, procesado.
Defendeu unha posición política contraria ao Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG); xa no exilio evolucionou cara posicións máis nacionalistas.
Exiliado.
Despois do golpe militar rebelde instalouse en Barcelona.
No decurso da guerra civil foi vogal do Tribunal de Responsabilidades Civís republicano.
Exiliado en Francia ao remate da contenda española.
Exiliouse en México, a onde chegou o día 07/07/1939 a bordo do vello Ipanema. O barco saíu de Pauillac (Gironda, Nova Aquitania, Francia) o día 12/06/19 cuns 1000 refuxiados españois nunha viaxe organizado polo Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE); a travesía tivo moitos problemas. Á fin chegaron a Veracruz (México).
Entre estes refuxiados que se exiliaban podemos citar aos socialistas José Domínguez Esteiro, de Redondela (Pontevedra), Edmundo Lorenzo Santiago, de Ferrol, e Manuel-Venerando Porteiro Viña, da Pobra do Caramiñal (A Coruña).
Reside en Guadalaxara (México) e, con outras persoas, fundou en 1943 a Alianza Nacional Galega (ANG). No ano 1946 expulsárono do PSOE por ser partidario das ideas de Juan Negrín López; readmitírono a título póstumo no ano 2008.
Procesárono en Madrid por responsabilidades políticas e por masón.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.