Nacemento:
Morte:
Carpinteiro e modelista, 27 anos. Veciño de Vigo (Pontevedra). Traballou na empresa Propictoni, Hotel Moderno, en Redondela.
Presidente da Agrupación Socialista (AS) de Redondela desde 1930. Presidente no ano 1927 da UXT. Presidente da Casa do Pobo.
Detido pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Fuxido. Exiliado.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Despois do triunfo da sublevación militar foxe ao monte, onde actuou como guerrilleiro ata novembro de 1937 cando pasou a Portugal, de alí a Francia e logo a Cataluña, incorporándose en febreiro de 1938 á 224ª Brigada Mixta, 60ª División de Infantería; foi comisario nunha compañía, estivo nas frontes Lleida e do Ebro e ferírono en combate.
Pasou a Francia o día 11/02/1939 e ingresárono no campo de concentración de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia), onde permanece ata o 12 de xuño seguinte.
Exiliouse en México a onde chegou o día 07/07/1939 a bordo do vello Ipanema. O barco saíu de Pauillac (Gironda, Nova Aquitania, Francia) o día 12/06/19 cuns 1000 refuxiados españois, nunha viaxe organizado polo Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE); a travesía tivo moitos problemas. Á fin chegaron a Veracruz (México).
Entre estes refuxiados que se exiliaban podemos citar aos socialistas José Domínguez Esteiro, de Redondela; Edmundo Lorenzo Santiago de Ferrol (A Coruña) e Manuel-Venerando Porteiro Viña, da Pobra do Caramiñal (A Coruña).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.