← Volver atrás

Porteiro Viñas, Manuel-Venerando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Carballo
(A Coruña)
- 14/11/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 01/01/1974 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, xornalista, sindicalista e político, 34 anos. Casou con Lucía Lizoain Osés (Mués, Navarra); tiveron unha filla. Veciños da Pobra do Caramiñal (A Coruña). Secretario do Xulgado e xuíz municipal de Porto do Son (A Coruña) seis meses e logo da Pobra do Caramiñal por tres anos. Perito mercantil desde 1932.

No ano 1932 era presidente do xornal La Lucha.

Militante da UXT e da Agrupación Socialista (AS) da Pobra do Caramiñal desde 1930, da que chegou a ser presidente. Concelleiro da Pobra do Caramiñal.

Fuxido. Exiliado.

Foxe na evasión da lancha a motor San José nº 2, desde Cabo de Cruz, Boiro (A Coruña), ao porto de Leixões, Matosinhos (Portugal) o día 27/07/1936, fuga que organizara o alcalde en funcións de Boiro, José Martínez Virel. Os 19 fuxidos desembarcaron no porto de Leixões, prendéronos e recluíronos no Forte de São Bruno de Caxías, Oeiras (Portugal).

Nesta operación fuxiron os seguintes veciños de Boiro: Cipriano-Juan-Emilio Blanco Fuciños, funcionario municipal; Marcial de Diego Andreu, funcionario municipal; Antonio Ferreirós Martínez, mariñeiro; Antonio Lago Outeiral, carpinteiro; José Martínez Virel, mestre; José-Manuel Muñiz Santiago, mariñeiro; Manuel Ojea Torrecilla, mecánico; Juan-Antonio Somoza Outeiral, ferreiro; Ramón Somoza Rebollido, ferreiro; Victoriano Somoza Rebollido, ferreiro e José Viturro Ozores, mariñeiro.

Tamén escaparon os veciños da Pobra do Caramiñal: Antonio Domínguez Fontán, funcionario municipal; Carlos-Segundo Iglesias Rodríguez, mecánico; Pastor Núñez Cariño, funcionario municipal; Antonio Pérez Gómez, mecánico e Manuel-Venerando Porteiro Viñas, funcionario municipal.

De Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) fuxiron: Pedro Díaz Abalo, comerciante; José-Manuel-Bernardino Rodríguez Alarcón, médico e Elpidio Villaverde Rey, industrial, deputado nacional por ER.

Xulgado en consello de guerra en 1936 polo delito de rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Intégrase no Exército Popular republicano en abril de 1937, na 125ª Brigada, 25ª División do XXII Corpo de Exército do Exército de Levante. Despois destinárono ao Servizo de Investigación Militar (SIM). Ademais ocupou varios cargos administrativos republicanos.

Rematada a guerra civil pasou a Francia o día 06/02/1939 e residiu en Toulouse.

Embarcou cara México no Ipanema o día 12/06/1939 e chegou a Veracruz o día 07/07/1939. O barco saíu de Pauillac (Gironda, Nova Aquitania, Francia), cuns 1000 refuxiados españois, nunha viaxe organizado polo Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE); a travesía tivo moitos problemas.

Entre estes refuxiados que se exiliaban podemos citar aos socialistas: José Domínguez Esteiro, de Redondela (Pontevedra); Edmundo Lorenzo Santiago de Ferrol (A Coruña) e Manuel-Venerando Porteiro Viña, da Pobra do Caramiñal.

Trasladouse a México DF onde foi administrativo da Empresa Crisol.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.