← Volver atrás

Domínguez Fontán, Antonio

Alcume: Sicho
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

A Pobra do Caramiñal
(A Coruña)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lisboa
(Portugal)
- 01/01/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, político e sindicalista, 35 anos. Veciño da Pobra do Caramiñal. Oficial do Concello da Pobra do Caramiñal. Irmán de Francisco Domínguez Fontán, procesado.

Militante do PSOE. Secretario da Agrupación Socialista (AS) da Pobra do Caramiñal. Presidente do Sindicato de Oficios Varios La Unión Obrera, vencellado á UXT.

Director do xornal da súa localidade La Lucha.

Fuxido. Exiliado.

No momento do golpe militar, con outras persoas das esquerdas, cometeron varios asaltos domiciliarios para acadar armas.

Foxe na evasión da lancha a motor San José nº 2, desde Cabo de Cruz, Boiro (A Coruña), ao porto de Leixões, Matosinhos (Portugal) o día 27/07/1936, fuga que organizara o alcalde en funcións de Boiro, José Martínez Virel. Os 19 fuxidos desembarcaron no porto de Leixões, prendéronos e recluíronos no Forte de São Bruno de Caxías, Oeiras (Portugal).

Nesta operación escaparon os seguintes veciños de Boiro: Cipriano-Juan-Emilio Blanco Fuciños, funcionario municipal; Marcial de Diego Andreu, funcionario municipal; Antonio Ferreirós Martínez, mariñeiro; Antonio Lago Outeiral, carpinteiro; José Martínez Virel, mestre; José-Manuel Muñiz Santiago, mariñeiro; Manuel Ojea Torrecilla, mecánico; Juan-Antonio Somoza Outeiral, ferreiro; Ramón Somoza Rebollido, ferreiro; Victoriano Somoza Rebollido, ferreiro, e José Viturro Ozores, mariñeiro.

Tamén escaparon os veciños da Pobra do Caramiñal (A Coruña): Antonio Domínguez Fontán, funcionario municipal; Carlos-Segundo Iglesias Rodríguez, mecánico; Pastor Núñez Cariño, funcionario municipal; Antonio Pérez Gómez, mecánico, e Manuel-Venerando Porteiro Viña, funcionario municipal.

De Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) fuxiron: Pedro Díaz Abalo, comerciante; José-Manuel-Bernardino Rodríguez Alarcón, médico, e Elpidio Villaverde Rey, industrial, deputado nacional por ER.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) e en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Morre de tuberculose no exilio, nun hospital de Lisboa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.