Nacemento:
Morte:
Comerciante, xornalista e político, 43 anos. Veciño de Vilagarcía de Arousa. En agosto de 1933 nomeárono administrador interino do Sanatorio da Lanzada Miguel Gil Casares; cesou en abril de 1935.
Presidente de Esquerda Republicana (ER) na súa localidade, participou na campaña electoral da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936.
Fuxido. Exiliado.
Foxe despois do movemento sedicioso, o día 27/07/1936, na evasión da lancha a motor San José nº 2, desde Cabo de Cruz, Boiro (A Coruña), ata o porto de Leixões, Matosinhos (Portugal), fuga que organizara o alcalde en funcións de Boiro José Martínez Virel. Os 19 fuxidos desembarcaron no porto de Leixões, prendéronos e recluíronos no Forte de São Bruno de Caxías, Oeiras (Portugal).
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Nesta operación fuxiron os seguintes veciños de Boiro: Cipriano-Juan-Emilio Blanco Fuciños, funcionario municipal; Marcial de Diego Andreu, funcionario municipal; Antonio Ferreirós Martínez, mariñeiro; Antonio Lago Outeiral, carpinteiro; José Martínez Virel, mestre; José-Manuel Muñiz Santiago, mariñeiro; Manuel Ojea Torrecilla, mecánico; Juan-Antonio Somoza Outeiral, ferreiro; Ramón Somoza Rebollido, ferreiro; Victoriano Somoza Rebollido, ferreiro, e José Viturro Ozores, mariñeiro.
Tamén escaparon os veciños da Pobra do Caramiñal (A Coruña): Antonio Domínguez Fontán, funcionario municipal; Carlos-Segundo Iglesias Rodríguez, mecánico; Pastor Núñez Cariño, funcionario municipal; Antonio Pérez Gómez, mecánico, e Manuel-Venerando Porteiro Viña, funcionario municipal.
De Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) fuxiron: Pedro Díaz Abalo, comerciante; José-Manuel-Bernardino Rodríguez Alarcón, médico, e Elpidio Villaverde Rey, industrial, deputado nacional por ER.
Pasou a territorio leal e prestou servizos na Subsecretaría de Propaganda republicana.
Despois da derrota dos republicanos na guerra civil exiliouse na República Dominicana; chegou a Ciudad Trujillo o día 07/11/1939 a bordo do vapor Flandre procedente de Francia.
No ano 1940 procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.