← Volver atrás

Rodríguez Alarcón, José-Manuel-Bernardino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vilagarcía de Arousa
- 16/06/1990 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 24 anos. Casado con Amalia Oubiña Bermúdez de Presedo. Médico e veciño de Vilaxoán, San Martiño de Fóra de Sobrán, Vilagarcía de Arousa.

Concelleiro de Vilagarcía de Arousa.

Fuxido.

Foxe na evasión da lancha a motor San José nº 2, desde Cabo de Cruz, Boiro (A Coruña), ao porto de Leixões, Matosinhos (Portugal) o día 27/07/1936, fuga que organizara o alcalde en funcións de Boiro, José Martínez Virel. Os 19 fuxidos desembarcaron no porto de Leixões, prendéronos e recluíronos no Forte de São Bruno de Caxías, Oeiras (Portugal).

Nesta operación fuxiron os seguintes veciños de Boiro: Cipriano-Juan-Emilio Blanco Fuciños, funcionario municipal; Marcial de Diego Andreu, funcionario municipal; Antonio Ferreirós Martínez, mariñeiro; Antonio Lago Outeiral, carpinteiro; José Martínez Virel, mestre; José-Manuel Muñiz Santiago, mariñeiro; Manuel Ojea Torrecilla, mecánico; Juan-Antonio Somoza Outeiral, ferreiro; Ramón Somoza Rebollido, ferreiro; Victoriano Somoza Rebollido, ferreiro e José Viturro Ozores, mariñeiro.

Tamén escaparon os veciños da Pobra do Caramiñal: Antonio Domínguez Fontán, funcionario municipal; Carlos-Segundo Iglesias Rodríguez, mecánico; Pastor Núñez Cariño, funcionario municipal; Antonio Pérez Gómez, mecánico e Manuel-Venerando Porteiro Viña, funcionario municipal.

De Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) fuxiron: Pedro Díaz Abalo, comerciante; José-Manuel-Bernardino Rodríguez Alarcón, médico e Elpidio Villaverde Rey, industrial, deputado nacional por ER.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña), no ano 1936, polo delito de rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Retómase o seu procesamento en Ferrol, no ano 1942, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha