← Volver atrás

Somoza Rebollido, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Boiro
(A Coruña)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Ferreiro, 29 anos. Veciño de Boiro. Irmán de Victorino Somoza Rebollido, encarcerado; de Juan Somoza Rebollido, exiliado, e de Felipe Somoza Rebollido, fuxido.

Militante da Agrupación Socialista (AS) de Boiro.

Fuxido. Encarcerado.

Foxe na evasión da lancha a motor San José nº 2, desde Cabo de Cruz, Boiro, ao porto de Leixões, Matosinhos (Portugal) o día 27/07/1936, fuga que organizara o alcalde en funcións de Boiro, José Martínez Virel. Os 19 fuxidos desembarcaron no porto de Leixões, prendéronos e recluíronos no Forte de São Bruno de Caxías, Oeiras (Portugal).

Nesta operación fuxiron os seguintes veciños de Boiro: Cipriano-Juan-Emilio Blanco Fuciños, funcionario municipal; Marcial de Diego Andreu, funcionario municipal; Antonio Ferreirós Martínez, mariñeiro; Antonio Lago Outeiral, carpinteiro; José Martínez Virel, mestre; José-Manuel Muñiz Santiago, mariñeiro; Manuel Ojea Torrecilla, mecánico; Juan-Antonio Somoza Outeiral, ferreiro; Ramón Somoza Rebollido, ferreiro; Victoriano Somoza Rebollido, ferreiro, e José Viturro Ozores, mariñeiro.

Tamén escaparon os veciños da Pobra do Caramiñal (A Coruña): Antonio Domínguez Fontán, funcionario municipal; Carlos-Segundo Iglesias Rodríguez, mecánico; Pastor Núñez Cariño, funcionario municipal; Antonio Pérez Gómez, mecánico, e Manuel-Venerando Porteiro Viña, funcionario municipal.

De Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) fuxiron: Pedro Díaz Abalo, comerciante; José-Manuel-Bernardino Rodríguez Alarcón, médico, e Elpidio Villaverde Rey, industrial, deputado nacional por ER.

Foxe con outros 18 republicanos da Ría de Arousa, entre eles o seu irmán Victoriano.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Xulgado en consello de guerra en Andújar (Xaén), no ano 1939, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Ábreselle un expediente por responsabilidades políticas en Xaén e indultárono no ano 1960.

Interno na Prisión Central de Santa Isabel, en Santiago de Compostela (A Coruña), puxérono en liberdade condicional provisoria o día 22/01/1943, que se publicou no BOE nº 46 do 15/02/1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.