← Volver atrás

Somoza Rebollido, Juan

Alcume: Juanito o Chono
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Boiro
(A Coruña)
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boiro
- 14/10/1985 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Ferreiro, comerciante, político e sindicalista, 38 anos. Casado con Consuelo Outeiral Outeiral. Irmán de Victorino Somoza Rebollido, encarcerado; de Ramón Somoza Rebollido, encarcerado, e de Felipe Somoza Rebollido, fuxido, e cuñado de Juan-Francisco Outeiral Outeiral, socialista de Boiro, fusilado en Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela (A Coruña), o día 23/02/1937.

Secretario da Agrupación Socialista (AS) de Boiro.

Correspondente en Boiro de El Pueblo Gallego, La Lucha e Solidaridad Obrera.

Por incidencias nas eleccións de novembro de 1933, xulgárono en consello de guerra o día 28/02/1935 e condenárono a catro anos de prisión menor. Tamén xulgaron neste procesamento o seu irmán Felipe.

Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 26/04/1935 e trasladado a El Dueso, Santoña (Cantabria) o día 08/10/1935. Amnistiado despois do triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936.

Nomeárono alcalde de Boiro en marzo de 1936.

Exiliado.

Cando se produce o golpe dos militares escapou nun barco, o día 27 de xullo, desde A Pobra do do Caramiñal (A Coruña).

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 156/37.

Pasou á zona republicana co deputado a Cortes por Pontevedra Elpidio Villaverde Rey. Marchou a Valencia e, logo, exiliouse na República Arxentina; a comezos dos anos sesenta residía en Bos Aires.

Volveu a España despois da morte de Francisco Franco Bahamonde.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha